BPM DE CORCUBIÓN


19/09/11

HOXE WILLIAN GOLDING CUMPRIRÍA 100 ANOS

William Golding, nado en Saint Columb Minor (Cornwall) o 19 de setembro de 1911 e finado en Perranarworthal o 19 de xuño de 1993, foi un escritor británico, Premio Nobel de Literaturaen 1983.

Naceu no seo dunha familia dedicada á ensinanza (o seu pai) e á actividade sufraxista (a nai), Golding estudou en Oxford e pronto converteuse en profesor. Durante a segunda Guerra Mundial foi comadante dunha lancha torpedeira, desembarcou en Normandía é foi alí onde se desengañou da bondade do ser humano. Tras alcanzar o éxito con Señor das moscas (que foi levada ó cine por Peter Brooks en 1963), Golding comezou a publicar novelas asiduamente. Ademais do Nobel gañou o premio Brooker Mac Connel, o máis importante galardón literario británico.


Algunha das obras máis coñecidas:



NOVIDADES

O TUTE
DIVERSIÓN ARREDOR DUN TAPETE



"O TUTE, DIVERSIÓN ARREDOR DUN TAPETE" é un libro entiramente dedicado á modalidade por parellas. Nel poderá atopar a historia deste marabilloso xogo de cartas, o regulamento comentado, un amplo glosario de termos técnicos, as frases e ditos célebres, xogos espectaculares, os fundamentos estratéxicos, golpes e recursos tácticos, a técnica dos finais, celadas curiosas, unha colección de fermosos problemas coas cartas localizadas, contos e historias de xogadores, anécdotas, humor e moitas outras "cousiñas" de interese que ,sen dúbida, lle farán sentir os maiores praceres que proporciona este apaixonate pasatempo.

Autor; Henrique Gerra Filgueira
ISBN: 84-96259-84-6
EDITORIAL: TOXOSOUTOS

20/07/11

Historia do Tempo


Stephen Hawking

Nado en 1942 en Oxford, Hawking ocupa dende os seus 37 anos a célebre cátedra Lucasiana de Matemáticas do Departamento de Matemática Aplicada e Física Teórica da Universidade de Cambridge que, fundada en 1663, foi ocupada entre outros por Isaac Newton e o premio Nobel de Física Paul Dirac.

Aos 21 anos foille diagnosticada unha Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) que lle dexenerou de xeito progresivo as células do sistema nervioso encargadas do movemento muscular voluntario, chegando a unha situación de parálise case absoluta na que só se pode comunicar a través da súa cadeira de rodas, cun sintetizador de voz incorporado que responde aos movementos dunha das súas pálpebras.

Esta total incapacidade de movementos non impediu que o profesor Hawking desenvolvese unha actividade ao máximo nivel científico no eido da Física Teórica pola que recibiu os máis prestixiosos recoñecementos. As súas principais achegas céntranse na análise de buracos negros e na Teoría da Relatividade Xeral de Einstein, na que se enmarca o seu traballo sobre o espazo-tempo que deu sustento matemático á teoría do Big-Bang.

Stephen Hawking destaca tamén polo seu relevante labor de divulgación científica. O seu libro A Brief History of Time (Unha breve historia do tempo) foi un best-seller mundial con máis de dez millóns de exemplares vendidos.

04/06/11

Os dous de sempre

Os dous de sempre é a única novela de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao. Foi publicada en 1934 pola editorial Nós de Santiago.


Está centrada na vida de dous protagonistas dende a infancia ata a madurez, con dúas personalidades contrapostas; dúas historias paralelas que seguen camiños diferentes:
• Pedriño, o fillo máis vello dunha familia pobre, vive cunha tía que o protexe de máis. Lacazán, comellán, ve pasar a vida sen ningún obxectivo.
• Rañolas, eivado das pernas, sen pai e cunha nai borracha, superará estes obstáculos. É agudo, activo e emprendedor, e loita por unha vida mellor.
Os protagonistas presentan dúas perspectivas da condición humana: as perspectivas do home que cavila e a do que vexeta; a do idealista (Rañolas) e a do conformista (Pedriño).
A obra ten unha estrutura marcada polo paralelismo e unha técnica semellante a Cousas. Presenta unha concepción determinista do ser humano, na cal as condicións sociais e a familia determinan a psicoloxía e o devir futuro dos protagonistas.
De feito, tres relatos publicados previamente en El Pueblo Gallego como "Cousas de Castelao" serviron de base para cadanseu capítulo de Os dous de sempre:
• Na lonxanía batida polo sol. Publicado o 30.01.1927, serviu de base para o cap. XXVIII de Os dous ...
• Casouse Farruco. Publicado o 20.03.1927, serviu de base para o cap. II.
• O gran camanduleiro. Publicado o 24.04.1927, serviu de base para o cap. VII.
Ningún destes tres relatos pasaron a publicarse nos libros de Cousas.
Segundo Ramón Piñeiro [1], Castelao empregou na redacción desta novela o seguinte protocolo:
• En primeiro lugar creou o esquema xeral da obra, unha visión do que ía ser. Este deseño global permitiulle prever a evolución dos personaxes.
• A seguir, escribiu un breve esquema de cada capítulo, unha ficha do que ía conter.
• Finalmente, desenvolveu cada capítulo tendo en conta a continuidade cos anteriores e seguintes.
Como queira que levaba consigo o paquete das fichas cos capítulos previstos, Castelao podía traballar independentemente con calquera deles segundo a inspiración de cada momento.

01/06/11

Torrente Ballester



Estudou nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo; foi en Oviedo onde comezou a escribir. Estivo afiliado dende 1934 ao Partido Galeguista, mais logo da Guerra Civil Española tivo que se afiliar á Falange Española. Profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1939. En 1943 publicou a súa primeira novela, Javier Mariño. Dende 1942 foi membro do grupo "Escorial", xunto a Dionisio Ridruejo e Luis Rosales. Participou nas protestas en apoio dos mineiros asturianos que foron á folga en 1962, e como consecuencia as autoridades expulsárono de tódolos seus empregos. En 1966 marchou aos Estados Unidos, onde deu clase na State University of New York en Albany. En 1970 voltou a España, e como Catedrático de Instituto impartiu aulas de Literatura Española en Madrid, Vigo e Salamanca.

Foi membro da Real Academia Española de la Lengua dende 1975, foi Premio Nacional de Literatura en 1981, Premio Príncipe de Asturias en 1982, Premio Cervantes 1985 e Premio Planeta en 1988.

Morreu o 27 de xaneiro de 1999, dun ataque ao corazón. Os seus restos descansan no cemiterio de Serantes, moi preto do lugar onde naceu.

17/05/11

17 de maio, día das Letras Galegas

Lois Pereiro (1958 - 1996)

Luis Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de maio de 1996[1], foi un escritor e poeta galego. No ano 2011 dedicóuselle o Día das Letras Galegas[2][3].


Traxectoria

Naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro[4].

Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Neste periodo entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), e colaborando en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de Galiza. Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela corta Náufragos do Paradiso.

En 1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema e, sobre todo, de televisión tanto convencional (episodios de Dallas e Kung Fu) como porno.[5][6]

Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.

Canto das causas da morte de Pereiro, malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un cúmulo de doenzas que remataron cunha insuficiencia hepática[7]. Oficialmente e segundo unha sentenza da Audiencia Provincial de Lugo, logo dun preito para que o Estado pagase o enterro, o motivo do seu pasamento foi unha intoxicación por aceite de colza desnaturalizado.[8]

Recoñecemento

Nos últimos anos, víñase reivindicando a dedicación do día das Letras Galegas a este poeta monfortino. No marco desa campaña sitúase unha reedición da súa obra poética verquida ó castelán, catalán e vasco, xunto cos textos orixinais en galego [9][10].

Finalmente, o 26 de xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras Galegas do 2011. A Academia apreciou:

"Evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo."

En palabras do escritor e membro da RAG Manuel Rivas:

"Adicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular".[11].

Exemplo da súa lírica

Velaquí un parágrafo dun dos seus poemas, epitafio gravado en pedra na súa tumba en Santa Cristina do Viso (O Incio):

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria". (Lois Pereiro)

Obra

Poemas 1981/1991 (1992)

Poesía última de amor e enfermidade (1995)

Poemas para unha Loia (1997)

Conversa ultramarina (2010)

Náufragos do Paraíso (2011)

Modesta proposición e outros ensaios (2011)
Obra poética completa (2011)
Obra completa
(edición bilingüe) (2011)

07/05/11

Novo DVD




E si preferides, temos tamén o Libro: "Los hombres que no amaban a las mujeres" (Stieg Larsson), para levar en préstamo.


Co carnet de socio, podes levar o libro + o dvd, durante quince días para casa.
Loading...