Mostrando entradas con la etiqueta 2007. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2007. Mostrar todas las entradas

21/12/07

Novas Cultura



Cultura lanzará unha nova campaña de promoción do libro e a lectura cun investimento de 1.300.000 euros
[20/12/2007] A Consellaría de Cultura e Deporte lanzará nos próximos meses unha nova campaña de promoción do libro e a lectura. Esta proposta ten por obxectivo integrar a lectura entre os hábitos da poboación galega, favorecer o mercado do libro e promover a utilización das bibliotecas públicas. Hoxe foi publicado no D.O.G. o anuncio para a licitación da campaña, que se desenvolverá en 2008 e 2009 e na que a Consellaría investirá 1.300.000 euros.
Trátase dunha campaña dinámica baseada en accións participativas, que buscará a máxima efectividade e desenvolverase tendo en conta os cambios de hábitos nos lectores que se producen ao longo do ano. Estas medidas irán encamiñadas a promover os hábitos lectores, a consolidar o libro galego e potenciar o acceso ás bibliotecas.Crearase un novo logotipo e desenvolverase unha estratexia completa de comunicación, que incluirá tamén accións na rúa para achegarse ao público, poñendo especial atención en datas de relevancia especial. Deste xeito, a campaña iniciarase antes da conmemoración do 23 de abril de 2008, Día Internacional do Libro.

19/12/07

NOVIDADES



Novidades en libros:

Cómo practicar la Meditación:
el libro sivananda de la Meditación /Publicación: Barcelona : RBA Libros, S.A., 2004
Idioma: spa Tipo rexistro: Material textual


100 brujerías para guardar secretos
Publicación: Madrid :
Gaviota, [2003]
Idioma:spa
Sección: Xuvenil: Máis de 12 anos

Esther: La familia feliz /

Barcelona :
Bruguera, 1985
Idioma: spa País: esp: España

Posesión / Stephen King
Publicación: MADRID :
RBA EDICIONES, 2007
Filomeno, a mi pesar: Memorias de un señorito descolocado /
Gonzalo Torrente Ballester
Publicación: Barcelona :
Planeta, 1998

Agradecemos a: Naiara Rey Rama e a Julia Rodríguez Rodríguez, usuarias habituais da nosa biblioteca, as súas doazóns de libros para que tódolos socios os poidan disfrutar.

18/12/07

Exposición fotográfica



Continúa aberta ó público na Casa da Cultura a exposición de fotografías do afundimento do Casón, que se inaugurou o día 14 de Decembro.
Aínda estades a tempo de visitala.



Achegádevos!!


Horario: De 10:00 a 13:30 e
de 17:00 a 20:00 h. (Luns-Venres)
Sábados: de 11:00 a 13:30 h

5/12/07

RECITAL POÉTICO-MUSICAL



CORAL DO CENTRO SOCIAL
NO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

29/11/07

Mañá Venres 30



Venres 30 de Novembro
ás 20:00 h na Casa da Cultura
PATAGHOROBI (2005)

Proxecto de telefilme seleccionado por TVG debido ao seu interese cultural. O guión e argumento deste telefilme parten do relato homónimo de Xosé Cid Cabido, integrado no seu libro “Oralmente pola boca”
(Edic.Xerais de Galicia, 1997).
Argumento:
Antón é un escritor novo que recebe unha misteriosa carta encadeada. Tras non reenviala, o cal lle ditaba o texto da mesma, acorda un día na súa casa e encontra unha moza en coma profundo.
Entre o cartel de actores atópase a escritora e presentadora de televisión Yolanda Castaño e o ceense Estevo Creus.

Cinemas Dixitais


Xoves 29 de Novembro na Casa da Cultura.
Hora: 20:00 h
"O partido"(2006)

Argumento:Unha fábrica do sector da metalurxia en problemas sufre un cambio importante cando a merca unha firma internacional americana. A situación vai a peor e xurde a idea de organizar un partido de confraternización. Mais esta iniciativa acaba sendo una batalla campal entre directivos e traballadores.

25/11/07

Cinemas Dixitais: "Máis ca irmáns"



Este Luns dia 26 de Novembro ás 20:00 h
na Casa da Cultura acudide a ver o
Telefilme: "Máis ca irmáns".
Argumento:
Rosa e Dani coñécense de forma casual nunha discoteca e en pouco tempo namóranse. Teñen en común ter vivido unha infancia difícil.Establécese entre eles un vínculo especial. Nembargantes un día descubren algo que marcará as súas vidas para sempre: Rosa e Dani son irmáns.
Tras superar os seus propios prexuicios deciden seguir adiante e formar unha familia; pero a sociedade non llo pon fácil. A manifestación más dolorosa deste rexeite é a repulsa de Remedios, a súa propia nai.
Todo isto non impide a Rosa e Dani continuar as súas vidas, alleos ás etiquetas e aos convencionalismos; coidándose e adorándose como calqueira outra parella.
Rodado en: Barcelona, Cambre, Arteixo, a Fraga de Cecebre, entre outras.
A Entrada é Gratuita.

24/11/07

Corcubión en Cómic







A "Asociación cultural Nemancos" de Corcubión, co patrocinio da Xunta,acaba de editar un comic sobre a historia do pobo ata a chegada dos Reis Católicos.
Agora están a agardar polos cartos necesarios para facer 1000 copias para ser repartidas polos colexios e asociacións da Bisbarra e dar a coñecer así dunha maneira máis lúdica a historia da vila de Corcubión aos máis novos.


Nova de: http://www.quepasanacosta.com/

Nos parece moi boa idea!. Dende a Biblioteca agardamos que nos acheguen algún exemplar para disfrutar del.

Noraboa pola iniciativa!!



23/11/07

POLIFONÍAS II: voces poéticas contra a violencia de xénero

"Consellos que lle din a Alicia despois do derradeiro golpe"
Lembra o corazón
Gravado na cortiza daquela árbore
Polo que escapaba o seu zume e a súa forza.
Non esquezas o can encadeado
Que lambe as feridas
Da man que o aldraxa.
Lembra que a escuridade infunde pánico,
Aínda que máis terror provoca a luz
Que ilumina un puño enfurecido
Non te esquezas de tirar ao lixo,
Ao marchar da casa,
O amor inservíbel.
Lembra que eu son un home,
maís dos que acubillan no peito
O útero materno latexando,
Latexando, latexando.


(Poema de: Raúl Gómez Pato,"Polifonías II", Edit: Espiral Maior, 2007)

22/11/07

Dia Internacional contra a Violencia de Xénero



Con motivo do Dia Internacional contra a violencia de xénero o día 25 de Novembro,
mañá Venres 23 de Novembro ás 20:00 da tarde celebrarase na Casa da Cultura un
"Festival poético-musical", no que actuarán o Coro e as pandereteiras do Centro Social ("Nova Buxaina") e a cantautora Dolores Oliveira.

Ademáis leranse poemas dos libros: "Polifonías I e II: Voces contra a volencia de xénero", que podedes atopar na nosa biblioteca e onde se recollen voces de poetas galegos para denunciar a violencia contra a muller.
Para mostra, éste de
Kiko Neves ("O poema de Lucía"):

Hai algo que non cadra,
que non é como din que é.
Non pode ser amar tanto e sentirse
tan
gris.
Quizais teña que ser forte,
moi, moi forte.
E non chorar.
Quizais todo debería ser máis doado,
ou non, tampouco.
Se sorrío parezo máis parva.
E teño comprobado que até as cousas máis simples
mudan en trampas.
En enganos. (...)

20/11/07

Bolsas de formación en Biblioteconomía Ministerio de Cultura

O Ministerio de Cultura oferta as seguintes bolsas:
- 29 Bolsas de Biblioteconomía e Documentación na Biblioteca Nacional, Dirección Xeral do Libro e outras dependencias do Ministerio de Cultura. (Especialidades: Fondo antigo 10 e fondo moderno 19)

- 29 Bolsas de Arquivística nos arquivos de titularidade estatal ou na sede do Ministerio.
- 30 Bolsas de Museoloxía nos museos estatales ou na sede do Ministerio.
- 20 Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais no Istituto do Patrimonio Histórico Español.
- 19 Bolsas de Xestión Cultural nas distintas unidades do Departamento, incluindo a Dirección Xeral de Cooperación e Comunicación Cultural.
- 6 Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía no Colexio de España en París

Boe núm 268, do Xoves 08 de Novembro de 2007

Cinemas Dixitais. Xoves 22/11/2007


Casa da Cultura de Corcubión
Xoves 22 Novembro ás 20:00h

Argumento:

Thriller psicolóxico que narra o conflito de dúas familias, os Durán e os Souto, ante a desaparición da moza Cristina Durán. Todo parece apuntar como culpábel ao seu ex mozo, Enrique Souto, mais a investigación policial, personalizada no inspector Diego Martí, exculpa ao principal sospeitoso. A intervención do xornalista Aníbal Bretal, será fundamental para a resolución do caso.

16/11/07

Luns 19 de Novembro: "JALISCO"



O telefilme "Jalisco" será a vindeira proxección na Casa da Cultura:

O Luns 19 de novembro, ás
20:00 h. Sinopse:


Foi un asasinato pasional ou a montaxe dun home utilizado? Francisco Azcárraga é un escritor mexicano que ven a Galicia para descubrilo. Xunto con Carlos Fernández, xornalista galego, inician unha investigación. O trío complétao María Portela, funcionaria e amiga de Carlos.

12/11/07

Cinemas Dixitais



Este Xoves 15 de Novembro na Casa da Cultura
Hora: 20:00 h.
"ENTRE BATEAS"
Mario entra no mundo do contrabando de tabaco con apenas 15 anos, levado pola difícil situación económica na que se atopan él e a súa nai trala morte do seu pai. Faino xunto a Sego, o seu amigo da infancia.
Pola súa extraordinaria habilidade no manexo das planeadoras, convértese no home de confianza de Veiga, o principal capo do contrabando local.
Co tempo, as fronteiras que separan os mundos do contrabando e o narcotráfico vánse facendo cada vez máis difusas para eles. A organización adicada a este último comeza a tomar o control da zona. Mario non comparte esas ideas de cambio co seu amigo e isto levaraos a tomar diferentes camiños.

9/11/07

Venres 09/11/2007




CINEMAS DIXITAIS


CONDENADO A VIVIR (2001)


Historia de amor de Ramón Sampedo con Ramona Maneiro. Documentada coa colaboración de familiares, amigos , incluso a propia Ramona Maneiro, pretende reflecti-lo ultimo lazo que ataba a Ramón coa vida Argumento
En 1998 a prensa española e extranxeira centra a súa atención nun home que dende o 23 de agosto de 1968 permañece na súa cama tetrapléxico e ó coidado da súa familia. Xa uns anos atrás este mariñeiro en terra reclamara o seu dereito a morrer dignamente, recurrindo nesta ocasión ós tribunais de xusticia.

8/11/07

Hoxe 08/11/2007 "AUTOPSIA"


CINEMAS DIXITAIS
"Autopsia"
Protagonizada por Isabel Blanco.
Sinopse:

Daniel Casares é un mozo xornalista que se ve 
arrastrado inicialmente a aceptar un novo posto por indicación do seu xefe e casualmente relaciona dous casos de asasinato sen resolver. O contacto con Amanda, a atractiva irmán dunha das víctimas, involucrarao máis na investigación. Coa axuda do forense chegará ata os verdadeiros asasinos.

3/11/07



Xoves e Venres na Casa da Cultura de Corcubión
20:00 h da tarde.

AUTOPSIA. CORCUBIÓN (08/11/2007)CONDENADO A VIVIR. CORCUBIÓN (09/11/2007)ENTRE BATEAS. CORCUBIÓN (15/11/2007)JALISCO. CORCUBIÓN (16/11/2007)MENTÍNDOLLE Á VIDA. CORCUBIÓN (22/11/2007)MÁIS CA IRMÁNS. CORCUBIÓN (23/11/2007)O PARTIDO. CORCUBIÓN (29/11/2007)PATAGHOROBI. CORCUBIÓN (30/11/2007)SECUESTRADOS EN XEORXIA. CORCUBIÓN (13/12/2007)O TESOURO (DE ÁNXEL FOLE). CORCUBIÓN (14/12/2007)SARA. CORCUBIÓN (20/12/2007)A ATLÁNTIDA. CORCUBIÓN (27/12/2007)A BIBLIOTECA DA IGUANA. CORCUBIÓN (28/12/2007)

20/10/07


DIA DAS BIBLIOTECAS: 24 DE OUTUBRO
ACTIVIDADES:
-”Decora a Biblioteca”:- Taller de Debuxo. Exposición dos mesmos ó rematar. De 0-10 anos A partir das 17:00 h. Inscricións na biblioteca ou por Tlf. ou e-mail.
- Maratón de Xadrez en liña e de mesa.
A partir das 17:00 h. no Aula de Informática. Inscríbete antes do mércores!
- Concurso de Guións cinematográficos. Premios para os gañadores. De 12-16 anos. Prazo: ata 23 Novembro
- Exposición temática de libros relacionados coas bibliotecas.
- Clube de lectura Virtual:
Inscricións a partir do dia 24 de outubro.

17/10/07

Kalipedia.com, a enciclopedia online


A Rede conta cunha nova fonte de consulta: Kalipedia. Esta nova ferramenta fundada polo Grupo Santillana ten como obxectivo poñer a disposición de toda a sociedade unha web de axuda ó estudio e a ensinanza, de acceso libre e gratuito.
Esta enciclopedia online contará con máis de 40.000 contidos de referencia divididos nas seguintes áreas: xeografía, lingua, ciencias, historia, literatura, filosofía, arte, tecnoloxía, física, química, matemáticas e informática.
Para que o usuario se sinta partícipe a integración multimedia que ofrece Kalipedia resulta determinante, dende visualiza-las obras de Velázquez a escoitar os discursos de grandes personaxes da Historia. Incluso pode desplazarse ó centro da Terra para comprender a orixe dos volcáns.
O que se pretende é que o usuario sexa protagonista.
Ademáis, Kalipedia ofrece a posibilidade de compartir, interactuar e participar a través do seu intercambiador, unha comunidade para mestres e estudiantes onde o internauta pode personalizar, ampliar, compartir, valorar, publicar e comunicarse con outras persoas: blogs multiusuario, foros, xeración de grupos con intereses afíns, avatares persoalizados, retos, concursos ou tests de autoavaliación.

9/10/07

BPM DE CORCUBIÓN