
Eu, rematando éste, que recomendo: "Un viaje de miles de kilómetros", de Lang Lang (Shenyang, 1982). Merqueino na libraría LER, un dia que andabamos a seleccionar un lote de libros que unha axuda da Xunta nos permite mercar.
Estame a gustar moito, ten moitas anécdotas que fan a súa lectura sinxela, e narra, en primeira persoa, a difícil infancia do protagonista ata que chega a facerse unha persoa mundialmente coñecida.
Unha mostra do esforzo e traballo que hai detrás de ser considerado o mellor pianista do mundo.
Este neno prodixio, comezou a tocar o piano aos 3 anos. Aos cinco, xa gañou o seu primeiro concurso.
A súa adicación á música baseabase nunha estricta disciplina dende pequeno:
«5:45 h: levantarse y tocar el piano durante una hora./7.00 h. al colegio/Al mediodia vuelta a casa: 15 minutos para comer y 45 para tocar./Después del colegio, dos horas estudiando piano antes de la cena./Cena: 20 minutos,durante los que veía dibujos animados./Dos horas tocando el piano después de cenar. Deberes», regulada polo seu pai, co que chegará a ter unha difícil relación, que narra neste libro autobiográfico.
Comenta tamén anécdotas como, que comezou a interesarse pola música logo de ver un capítulo dos debuxos animados de Tom&Jerry. En concreto, o "Concerto de gatos": http://www.youtube.com/watch?v=yvapzt8FKLk&feature=related
Aquí o tedes no programa "El Hormiguero" (Cuatro), onde demostrou o seu talento deixando a todos impresionados: http://www.youtube.com/watch?v=7jzDqBLPgvI
