"Consellos que lle din a Alicia despois do derradeiro golpe"
Lembra o corazón
Gravado na cortiza daquela árbore
Polo que escapaba o seu zume e a súa forza.
Non esquezas o can encadeado
Que lambe as feridas
Da man que o aldraxa.
Lembra que a escuridade infunde pánico,
Aínda que máis terror provoca a luz
Que ilumina un puño enfurecido
Non te esquezas de tirar ao lixo,
Ao marchar da casa,
O amor inservíbel.
Lembra que eu son un home,
maís dos que acubillan no peito
O útero materno latexando,
Latexando, latexando.
(Poema de: Raúl Gómez Pato,"Polifonías II", Edit: Espiral Maior, 2007)
No hay comentarios:
Publicar un comentario