21/12/07

Novas Cultura



Cultura lanzará unha nova campaña de promoción do libro e a lectura cun investimento de 1.300.000 euros
[20/12/2007] A Consellaría de Cultura e Deporte lanzará nos próximos meses unha nova campaña de promoción do libro e a lectura. Esta proposta ten por obxectivo integrar a lectura entre os hábitos da poboación galega, favorecer o mercado do libro e promover a utilización das bibliotecas públicas. Hoxe foi publicado no D.O.G. o anuncio para a licitación da campaña, que se desenvolverá en 2008 e 2009 e na que a Consellaría investirá 1.300.000 euros.
Trátase dunha campaña dinámica baseada en accións participativas, que buscará a máxima efectividade e desenvolverase tendo en conta os cambios de hábitos nos lectores que se producen ao longo do ano. Estas medidas irán encamiñadas a promover os hábitos lectores, a consolidar o libro galego e potenciar o acceso ás bibliotecas.Crearase un novo logotipo e desenvolverase unha estratexia completa de comunicación, que incluirá tamén accións na rúa para achegarse ao público, poñendo especial atención en datas de relevancia especial. Deste xeito, a campaña iniciarase antes da conmemoración do 23 de abril de 2008, Día Internacional do Libro.

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN