CONCURSO DE DECLARACIÓNS DE AMOR EN GALEGO A TRAVÉS DA REDE:
O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.
Na páxina web http://www.linguadeamor.eu/ tedes as bases da segunda edición deste concurso, que pretende dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros...
O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión.
Establécense dúas categorías de participantes:
Categoría A: de 14 a 19 anos
Categoría A: de 14 a 19 anos
Categoría B: de 20 a 30 anos
E a data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2008.
PREMIOS:
Categoría A:
1º Consola Nintendo wii + un lote de libros en galego
2º DVD portátil + un lote de libros en galego
3º MP3 + un lote de libros en galego
Categoría B:
1º Viaxe a París para dúas persoas + un lote de libros en galego
2º Ordenador portátil + un lote de libros en galego
3º TV LCD 19” + un lote de libros en galego
No hay comentarios:
Publicar un comentario