7/4/08

Premios Mestre Mateo



O Dia 09 de Abril, ás 19:30 h na Casa da Cultura de Corcubión:
A VIDA POR DIANTE (2006)
Na vila mariñeira de Sada, cinco mulleres moi distintas quedan unidas polo naufraxio no que os seus homes perden a vida. Sofía, Aurora, Lucía -a muller do patrón-, Renata e Marta -a filla do armador- crean xuntas a vida despois da traxedia.
Coa chegada do mes de xuño e a costeira da anchoa, os seus homes fixéranse ao mar no barco Santoña, que naufraga, e só sobrevive un dos cinco mariñeiros.
ADEUS EDRADA? (2006)

Adeus Edrada? é unha homenaxe a tódolos lugares que pouco a pouco van caendo no esquecemento pola forma de vida que na actualidade nos toca vivir. Tamén pretende ser unha homenaxe a nosa tradición oral e a tódalas xentes que aínda seguen vivindo en pequenas vilas como Edrada, un paraxe natural fabuloso que desde aquí vos convido a visitar.

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN