Libro "O neno que tiña medo dos robots/O robot que tiña medo dos nenos" . Autor: Miguel Vázquez Freire.
Podedes atopalo na BPM de Corcubión e traendo o voso carnet de socio, levalo en préstamo para casa durante 15 días.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2008 o Concello de Corcubión organiza os seguintes actos para esta fin de semana na Casa da Cultura:
- Exposición dunha mostra das ilustracións orixinais do libro "O neno que tiña medo dos robots/O robot que tiña medo dos nenos de Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás. Os debuxos son de Xosé Tomás. Este Venres 16 de maio de 2008 ás 15:00h.
- Lectura dramatizada do libro O neno que tiña medo dos robots/ O robot que tiña medo dos nenos con proxección de imaxes en power point, da man do autor: Miguel Vázquez Freire. Tamén este Venres 16 de maio de 2008 de 15:30 a 17:00h para nenos de 3 a 8 anos.
- Obradoiro de debuxo impartido por Xosé Tomás. Venres 16 de maio de 2008 de 17:00 a 18:00h para nenos de 8 a 12 anos.
- Presentación do cartel do Día das Letras e seguidamente conferencia de Miguel Vázquez Freire: "Os debuxos tamén falan galego". O Sábado 17/05/2008, ás 19:00h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario