8/7/08

MEMORIAL DE CAMPOSANCOS (2006)







Venres 11 de Xullo
20:00 h
Casa da Cultura de Corcubión
-Ciclo Documentais I-

MEMORIAL DE CAMPOSANCOS (2006):


Na localidade galega da Guarda, fronte a Portugal, está Camposancos.


Na memoria máis recente do noso país a palabra “Camposancos”, representa dor e traxedia xa que, durante a guerra civil, as autoridades franquistas instalaron no colexio o campo de concentración máis importante de Galicia, centro de todo o entramado concentracionario implantado no territorio.


É despois da caída do fronte norte, entre 1937 e 1938, cando o colexio, convertido á súa nova e sinistra función, recibe a cerca de tres mil presos republicanos, asturianos na súa maioría, pero tamén leoneses, casteláns, vascos ou cántabros (e na súa fase final, 1939, cataláns, manchegos, levantinos e andaluces); para a súa clasificación e, ao comezo, xuízo pois chega a desprazarse ao campo, con este cometido, o tribunal militar primeiro de Asturias.


Os máis afortunados, nas pantomimas pseudolegais que alí se formaron, foron cumprir condena nas cadeas de Figueirido (Pontevedra) e Celanova (Ourense) fundamentalmente.


A moitos dos condenados a morte fusiláronos no verán de 1938, moi perto do campo, no lugar hoxe ocupado por un sinxelo memorial de honra levantado, hai agora cincuenta anos, pola iniciativa conxunta de galegos e asturianos.


Outros, tal vez co obxecto de espallar o terror, leváronos a morrer a distintos lugares do sur de Galicia (Tui, San Simón-Redondela, Vigo, Ourense, etc…).


Non saberemos con certeza cantos outros morreron sen xuízo vítimas dos paseos, dos intentos de fuga, das enfermidades, dos “accidentes”...

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN