19, 20 e 21 de Agosto.
Fundación Caixa Galicia,
A Coruña
11:00 h
Nelas preséntanse unha ducia de series de diferentes xéneros, entre as que destacan Code Geass, Soul Eater, Suzumiya Haruhi non Yuutsu ou Stellvia.
Tamén se proxectan tres filmes, entre eles Toki wo Kakeru Shojo, gañador do premio ao mellor filme de animación no Festival de Sitges, e material non licenciado, é dicir, pezas que non saíron do Xapón e que, polo tanto, non están dobradas. A asociación realizou un esforzo para pasar a meirande parte delas con subtítulos en galego.
Hai ademais actividades complementarias das proxeccións, como un concurso que premia ao mellor cosplay, é dicir, ao mellor disfrace temático.
Fonte:
Web da Asociación mangalego: http://www.mangalego.com/principal/
No hay comentarios:
Publicar un comentario