30/10/08

A Biblioteca Municipal

Ti, como lector deste blog e usuario da Biblioteca, supoño que quererás estar ben informado sobre os servizos que nela se ofrecen.
Pois ben, aquí os tes:

A media de visitas é dunhas 15-20 persoas ó día, estando aberta a biblioteca de Luns a sábados, mañás e tardes (sábados só pola mañá).
Ademáis somos unha das primeiras da nosa zona en dispor dun blog, onde podes obter información e incluso participar.
Os usuarios habituais xa coñecen os recursos dispoñibles, mais para os que non acudides tan a miúdo, aquí os tedes:


FONDOS:

Nº de rexistros bibliográficos9.826
Nº volumes
11.168
Libros
9.061
Música impresa
3
Música manuscrita
2
Mapas impresos
18
Mapas manuscritos
2
Audiovisuais
74
Música
82
Arquivos ordenador
26
Material mixto
29
Artigos
151
Prensa, revistas378
Ligazóns Web
328
Nº de títulos
11.167
Nº de autores
3.791
Nº de CDU
6.266
Nº de series
3.376
Nº de materias
7.352
Nº de editoriais
841
Nº de lectores
433
Actualizados, con data: 29/10/2008
Datos que tamén podedes consultar na páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia, posto que está automatizada. Este é o enlace: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Portada.aspx
Contamos cunha dotación de 13 equipos informáticos para uso público, unha impresora e un escáner. Todo para usar de maneira gratuíta, ademáis de rede inalámbrica (wifi) si prefires vir co teu portátil.
Si queres consultar a prensa temos 2 xornais diarios.
Exposición das últimas novidades da biblioteca, sección adicada á muller, sección de información xuvenil. etc, etc...
Podes ver aquí tamén as Axudas que nos foron concedidas esta semana para mellorar os nosos servizos:
Para disfrutar delas temos que agardar a que rematen tódolos trámites precisos.
Si queres facerte socio, xa sabes que con traer 2 Fotos e 1 fotocopia do teu DNI tes o carnet no momento.
Tamén podes vir tódolos Martes a Clases de Teatro, impartidas por Artur Trillo, director de Talía Teatro. A partir das 17:30 h da tarde. Ou si o prefires, ven a visitar a Exposición de pintura de Marinna Mouzo, que temos no museo ata o dia 5 de Novembro.
Rede de Bibliotecas de Galicia: presentouse a solicitude de integración en Xullo deste ano, polo tanto, estase a tramitar.
Tes o noso correo electrónico e o teléfono nesta páxina por si precisas máis información.

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN