24/10/08



Este Venres, 24 de outubro de 2008, se celebra o Día da Biblioteca na Biblioteca Pública do Estado Ánxel Casal, ubicada en Santiago de Compostela.

A institución, integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia, estreou sede nun novo e moderno edificio durante este ano.

A iniciativa desta celebración partíu da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil no ano 1997, para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectores coa cultura e como instrumento de mellora da formación e da convivencia, e nos últimos cinco anos coa colaboración institucional do Ministerio de Cultura.

A este acto asistirá o Director Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, Rogelio Blanco.

Durante haberá diversos actos na Biblioteca Ánxel Casal: un maratón de lectura, unha xornada de portas abertas, a lectura do pregón polo escritor Agustín Fernández Paz (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008), e se celebrarán tamen algunhas actividades noutros lugares de Santiago de Compostela.
Fonte: Web do Ministerio de Cultura: http://www.mcu.es/

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN