17/2/09

Xogo intercultural

A Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia acaba de enviarnos 10 cd-rom:
"O avó de Paulo", un xogo intercultural co que se pretende fomentar a educación intercultural como base para o respecto mutuo e a comprensión, e a diversidade como fonte de enriquecemento.
Instruccións:
Paulo é un neno como os demais: vai á escola, xoga cos seus amigos e axuda a súa nai. Mais dentro de pouco vai emprender unha aventura: buscar ao seu avó. Queres axudalo?

Como se xoga?
Executando a aplicación comenza a presentación do xogo (para saltala simplemente preme co rato). Despois o mecanismo é moi sinxelo, preme co rato no lugar da pantalla onde queiras que acuda Paulo e fíxate nos cambios do cursor.
No botón “Partidas” accedes ao panel onde podes gardar e recuperar ata catro partidas distintas.
No panel “Opcións” podes modificar os valores de velocidade do xogo e volume do audio.
Descargar os arquivos. Usar a ferramenta WinRar para descomprimir o xogo.
Requisitos:
Pentium III ou superior
Tarxeta de son
Microsoft Windows 98/2000/XP
Resolución mínima de 800x600
Arquivos do xogo para descargar (94,6 Mb en total)
Como temos a sorte de ter aula de informática, pois aquí mesmo podedes vir a utilizar este xogo. Si preferides levalo para casa, traede o voso carnet de socio/a.

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN