10/3/09

EXPOSICIÓN: "O Cambio Climático"


A Deputación da Coruña aborda o CAMBIO CLIMÁTICO a través dunha exposición que percorrerá dez concellos da provincia, entre eles o noso.

En Corcubión inaugurouse o mércores 11 de marzo, ás 12:00 h coa presenza do presidente da Deputación Salvador Fernández Moreda.

A sensibilización da sociedade ante o reto do cambio climático é o principal obxetivo desta exposición.

A mostra está formada por un conxunto de nove paneles nos que se reflexiona, dende un punto de vista didáctico, sobre o impacto do cambio climático, e o compromiso coa sustentabilidade.

Ademáis, ten unha ecoesfera a través da cal se recrea un sistema de vida en equilibrio, baseado nun sistema deseñado polos técnicos da NASA.
A exposición compleméntase con outras dúas esferas, recreándose nunha delas a astmósfera do futuro, así como cun ordenador no que os visitantes poderán calcular a pegada ecolóxica. Además, exhibiráse un documental con imaxes do planeta realizadas pola NASA.
O comisario da exposición destacou que “as campañas de sensibilización non só teñen que dirixirse a aumentar o nível de coñecemento, senón a transmitir a responsabilidade que todos os cidadáns temos diante do cambio climático e, o que pode resultar máis interesante, as posibilidades de actuación tanto a nivel individual como colectivo. E isto é precisamente o que pretende esta mostra, que constitúe unha proba da reposta institucional do Deputación da Coruña ao reto de sustentabilidade, ao reto do cambio climático”.
(Foto cedida por Ubaldo Cerqueiro,

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN