
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte edita o primeiro volume do "Atlas arqueolóxico de Galicia", correspondente á comarca de Fisterra.
Comeza así unha serie para dar a coñecer a cartografía e a información dos elementos do noso patrimonio arqueolóxico recoñecidos ata hoxe.
No primeiro volume reúnense os datos de xacementos e indicios arqueolóxicos nos concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía, así como análises das principais actuacións arqueolóxicas na zona.
Este volume data en 188 os xacementos arqueolóxicos na comarca. Destes, 92 atópanse en Dumbría, 60 en Muxía, 21 en Cee, 12 en Fisterra, 2 en Corcubión e 1 entre Cee e Fisterra.
Os 144 túmulos ou mámoas supoñen o 77% do rexistro arqueolóxico da comarca.
Algunhas necrópoles destacan polo número de túmulos que as conforman, como as dos Forniños, Sino e Campo das Pulgas en Dumbría e as de Prado das Minas e Ponte Agranzón en Muxía.
Na comarca atópanse 29 castros.
O resto de xacementos arqueolóxicos componse por 2 exemplos de arte rupestre, o xacemento romano de Moraime (Muxía), 8 xacementos medievais, 2 de época moderna e 2 de datación indeterminada.
Para descargar a publicación:
Para ver máis novas: http://culturaedeporte.xunta.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario