
O pasado xoves 18 de marzo de 2010 o Restaurante "As Hortensias" de Corcubión acolleu a presentación do libro de haikus de Luis Carril, "El musgo que indica en norte", coa asistencia tamén do pintor xaponés afincado en Muxía, Yoshiro Tachibana.
Luis Carril, nado na Coruña e afincado en Corcubión por motivos laborais, viña de realizar sendas presentacións en Albacete, Valencia e na súa cidade natal.
O libro: editado pola Editorial Haibooks e composto por textos e poemas enviados a través da páxina referencia do haiku en castelán: http://www.elrincondelhaiku.org/.
A inspiración que lle deu a zona da Costa da Morte nos últimos tempos, serviu para crear moitos dos textos que forman o libro. "Os haikus son a columna certebral do libro mentres que os textos son o corpo".
Fonte: quepasanacosta.com
Entrevista a Luis Carril na radio Neria: http://radioneria.blogspot.com/2010/03/un-ronsel-de-haiku.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario