23/4/10

Novidades


Novo libro cedido por un dos usuarios para a Biblioteca municipal. Xa podedes levalo en préstamo:
"En 1985, Nelson Mandela levaba vintetres anos en prisión, e se propuxo conquistar ós seus inimigos, os máis fervintes defensores do apartheid.
Así obtivo a súa liberdade e conseguíu convertirse en presidente. Pero a inestabilidade dun país dividido por cincuenta anos de odio racial cristalizou na ameaza dunha guerra civil. Mandela comprendeu que tiña que conseguir a unión de brancos e negros de forma espontánea e viu que o deporte era unha estratexia extraordinaria para lograro.
John Carlin descubre aquí o factor humano que fixo posible un milagre: a capacidade innata de Mandela para seducir ao opoñente e a súa tenaz deliberación de utilizar o mundial de rugby de 1995 para selar a paz e cambiar o curso da Historia.
A final daquel mundial culminou coa victoria sudafricana no último minuto, e fundíronse nun abrazo, negros e brancos."

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN