
Divídese a obra en catro partes:
Unha ollada 'indie' da España do Último Día, A amnesia retrógrada, A revolución do mar e Re-existencias.
A primeira delas é un relato a partires de artigos breves que hai que "desler", xa que é unha historia que vai dende o final ata o comezo, na que Rivas critica con ironía un tipo de xornalismo "anacrónico, fanático, intolerante e un tanto friki".
A segunda parte resúmea coa seguinte afirmación: "non hai peor memoria no xornalismo que a desmemoria e o olvido".
Na terceira, fai unha análise de situacións que se deron en augas galegas, como a creación dun cemiterio nuclear na fosa atlántica ou o asalto das Encorvas.
Por último, Rivas recolle temas relacionados co medio ambiente, principalmente dos seus artigos na revista Integral.
Nunca Máis ten gran presenza neste libro, onde o autor deixa unha visión dende dentro a un movemento do que considera que "nunca se tivo en conta a súa dimensión verdadeira".
No hay comentarios:
Publicar un comentario