29/3/11

DIA MUNDIAL DO TEATRO


Este Xoves 31 na biblioteca municipal, participa!! no: "Obradoiro de Maquillaxe de Fantasía", impartido por Marta Lorenzo e Marisol Riveiro.
Para nenos/as de 6 a 12 anos. De 18:00 a 19:00 h.
Inscricións: Tf: 981746190 ou na Casa da Cultura.

E ademais: "Exposición de libros de Teatro" (adultos e infantís)


O Día 27 de Marzo celebrouse o Día Mundial do Teatro, declarado polo Instituto de Teatro Internacional (I.T.I.). Resulta importante coñecer os beneficios que ten a práctica do Teatro: éste nos permite representarnos ante os demáis con espontaneidade, seguridade e confianza, ao mesmo tempo que nos da a posibilidade de incentivar e desenrolar a nosa sensibilidade e creatividade, cualidades indispensables hoxe en día.
"O poder esencial do Teatro
é deixar de lado todo o que separa aos homes:
diferenzas de raza, de educación relixiosa ou política, diferenzas de linguaxe.
Pola contra, pon énfase en todo o que os homes teñen en común: a risa e as bágoas,
a felicidade e a anguria, nunha palabra,
o que é dominio do corazón. O teatro fai aparecer o corazón
común de todolos homes. Nisto, é o máis eficaz vehículo de paz".
(Jean Louis Barrault. Director e actor francés)

1 comentario:

Mª José dijo...

Sorte e que saia moi ben!

BPM DE CORCUBIÓN