9/4/13
La luz del Guernica
O 8 de Abril deste ano foi conmemorado o 40 Aniversario da morte do pintor Pablo Picasso, artista universal.
Nado en Málaga, o 25 de Outubro de 1881, participou en moitos dos movementos artísticos que se propagaron polo mundo e exerceron unha gran influencia en outros artistas do seu tempo.
Pintou máis de 2000 obras, presentes en museos e coleccións de toda Europa e do mundo.
Incansable, prolífico. Abordou tamén outros xéneros como o debuxo, o gravado, a ilustración de libros, a escultura, o deseño, a cerámica, a escenografía e o vestiario para teatro.
"La luz del Guernica", de Baltasar Magro, libro que podedes atopar na Biblioteca Municipal, fai un percorrido e, ao mesmo tempo, unha homenaxe á obra mestra que mellor ten reflexado a traxedia da Guerra Civil Española.
Pablo Ruiz Picasso viaxa a Florencia dende París, a súa cidade de residencia. Alí, ve por primeira vez un cadro de Rubens "Os desastres da Guerra", que lle causará tal impresión , que será o xerme da súa obra máis célebre: o "Guernica".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario