16/5/13

LETRAS GALEGAS 2013


ROBERTO VIDAL BOLAÑO
 
  •     Nace en Santiago de Compostela en 1950 e falece na mesma cidade en 2002.
  •  Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas.
  •  Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: dende a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel".
  •   En 1978, deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais, superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro.
  •   A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política.
  •  O feito de que  escribíse para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empañou en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, con resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán.
  •  Nas décadas dos 70 e 80: acadou diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), pero o seu recoñecemento artístico non se produce até os anos 90, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consequencia, do público.
  • A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias apreciaranse co trancorrer do tempo. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

Foi, en resumo, o grande artífice da modernización e profesionalización do Teatro.



No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN