23/4/14

ACUARIO-MARIA CANOSA.

Libro recomendado. Últimas novidades na BPM
#FelizDiadoLibro


"Ninguén sabe máis do Mar que os nenos. Tal vez porque éste confioulles o último dos seus segredos que eles defenden con torres de area e cubos, ou tal vez porque nos ocultan que o Mar é en realidade un descomunal espello no que, ao mirarnos, somos nós os contemplados polos que nel viven."

María Canosa
ACUARIO (Ed. Embora)
 Ilustraciones de Dani Padrón.

   

Xa tivemos oportunidade de ver en Corcubión, na Casa da Cultura, o pasado decembro de 2013, a representación do poemario coa propia autora e o grupo "Teatro dos Ghazafelhos".
E hai que dicir que tanto a pequenos como adultos encantoulles!!. Xogando en todo momento coa poesía e o humor, fixeronnos pasar unha tarde divertidísima.
Todo un éxito, rematando o espectáculo cos nen@s querendo tocar os peixes e incluso facendo fotos con eles.

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN