15/5/20

LETRAS GALEGAS 2020





 Este ano 2020 o Día das Letras Galegas (17 de Maio) está adicado a: Ricardo Carballo Calero (30-10-1910/25-03-1990); escritor e mestre; licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras). Foi en Santiago de Compostela onde mantivo contacto co galeguismo e cos movementos culturais da época, especialmente co Seminario de Estudos Galegos.

En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribuí ao anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. As súas colaboracións máis destacadas foron para as revistas literarias: A Nosa Terra, Nós, Guion, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color

Estudou por libre a carreira de Filosofía e Letras, licenciándose en 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional, sendo nomeado presidente do partido en Ferrol.

Xunto á súa labor docente, desenrolou nestes anos un importantísimo traballo investigador —iniciado coa súa tesis de doutoramento, Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955, premio extraordinario); que tivo como froito a publicación en 1963 de la Historia da literatura galega contemporánea.

Foi membro da Real Academia Galega a partir de 1958.

En 1965  comeza a exercer a educación pública no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo que imparte aulas de galego na Universidade.  Xa no ano 1972 accedeu por oposición á recén creada cátedra de: Lingüística y Literatura Gallega.

Desenrolou unha ampla labor como editor dos clásicos. Xubilouse no ano 1980 pero mantivo a súa actividade creadora e  seguíu colaborando con diversas asociacións.
En 1987 gañou o  Premio de la Crítica de narrativa gallega pola súa obra: Scórpio.
Na actualidade, a que foi a biblioteca persoal de Ricardo Carballo Calero, forma parte dos fondos bibliográficos do Parlamento de Galicia dende 1997, ano no que foi adquirida xunto co seu arquivo persoal. Esta colección está formada por 4872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas.


Consulta no noso CATÁLOGO as súas obras, nestes dous enlaces:
 https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=Ricardo+carballo+calero&branch_group_limit_txt=Corcubi%C3%B3n+-+Biblioteca+P%C3%BAblica+Municipal+de+Corcubi%C3%B3n&branch_group_limit=branch%3ACBM029

 https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=Ricardo+carvalho+calero&branch_group_limit_txt=Corcubi%C3%B3n+-+Biblioteca+P%C3%BAblica+Municipal+de+Corcubi%C3%B3n&branch_group_limit=branch%3ACBM029


No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN