14/9/10

e ti, qué libro estás lendo?, cal nos recomendas?


Eu, rematando éste, que recomendo: "Un viaje de miles de kilómetros", de Lang Lang (Shenyang, 1982). Merqueino na libraría LER, un dia que andabamos a seleccionar un lote de libros que unha axuda da Xunta nos permite mercar.
Estame a gustar moito, ten moitas anécdotas que fan a súa lectura sinxela, e narra, en primeira persoa, a difícil infancia do protagonista ata que chega a facerse unha persoa mundialmente coñecida.
Unha mostra do esforzo e traballo que hai detrás de ser considerado o mellor pianista do mundo.

Este neno prodixio, comezou a tocar o piano aos 3 anos. Aos cinco, xa gañou o seu primeiro concurso.

A súa adicación á música baseabase nunha estricta disciplina dende pequeno:

«5:45 h: levantarse y tocar el piano durante una hora./7.00 h. al colegio/Al mediodia vuelta a casa: 15 minutos para comer y 45 para tocar./Después del colegio, dos horas estudiando piano antes de la cena./Cena: 20 minutos,durante los que veía dibujos animados./Dos horas tocando el piano después de cenar. Deberes», regulada polo seu pai, co que chegará a ter unha difícil relación, que narra neste libro autobiográfico.

Comenta tamén anécdotas como, que comezou a interesarse pola música logo de ver un capítulo dos debuxos animados de Tom&Jerry. En concreto, o "Concerto de gatos": http://www.youtube.com/watch?v=yvapzt8FKLk&feature=related


Aquí o tedes no programa "El Hormiguero" (Cuatro), onde demostrou o seu talento deixando a todos impresionados: http://www.youtube.com/watch?v=7jzDqBLPgvI

6 comentarios:

Araceli dijo...

Un tipo moi interesante, este Lang Lang. Xa sinto o gusaniño de ler "Un viaje de miles de kilómetros".
Pola miña banda estou lendo dous libros que recomendo: El harén en Occidente, de Fatema Mernissi; e Sentido y sensibilidad, de Jane Austen. O primeiro é un libro sobre a terxiversación occidental en torno ó harén e a moi distinta concepción das cualidades eróticas das mulleres en Oriente e Occidente:

"Jacques, [un parisino] apuntó algo que da miedo admitir en las tertulias serias de hoy: lo que más le atrae de una mujer, al menos en el nivel de la fantasía, es la ausencia de intercambio intelectual. [...] Por el contrario, en un harén musulmán, ya sea real o imaginado, la confrontación cerebral es necesaria para alcanzar el orgasmo".

Sentido y sensibilidad: As tribulacións amorosas de dúas irmáns, unha delas moi sensata, aínda que en absoluto carente de sensibilidade e outra apaixoada. Resúltame moi gozoso e aleccionador. Máis aínda porque agora os personaxes xa non me resultan nada descoñecidos, senón que se convertiron en vellos coñecidos para min.

Unknown dijo...

Hola isa :)..
Pues voy a recomendar un gran libro, que es el que estoy leyendo actualmente.
Como buen amante de la novela negra, os aconsejo encareocidamente "Los tipos duros no bailan" de Norman Mailer, un escritor de novela negra estadounidense.l
El libro es de 1985 y la narración irregular, llena de sadismo y violencia y que toca temas como la homosexualidad, el asesinato o las relaciones de pareja.
REcomendable 100%

Saluditos

lorecampos dijo...

boas!!! unha recomendación para estos últimos días de verán, por outro lado xa un clásico dentro dosrelatos curtos : "OCÉANO MAR" de Baricco. Para ler entre liñas, para recrearse en cada frase...de gran sensibilidade, apetecible e breve!!

chaínhas dijo...

Galego..."A praia dos afogados" de Domingo Villar, nom é de agora pero a novela negra ambientada na ría de Vigo...obviamente tirame...

Clásico "Cien Años de Soledad" de G. G Márquez(again and again)

Contra-a-Recreación-cinematográfica: L'Élégance du hérisson("La elegancia del erizo" )que é milhor que ver a estereotipada peli francesa chea de ideas preconcebidas...

Blogs: www.paraxedoincordio.blogspot.com

Mª José dijo...

Ola a todos e todas!:

Recoméndovos ler "Drácula" (Bram Stoker)
Drácula é un clásico, un referente xenial para toda a literatura de vampiros que unha e outra vez se pon de actualidade con sagas literarias e cinematográficas.
O brillante da novela "Drácula" é o xeito de narrar a historia, que resulta moi innovador na súa época. A través de anotacións en diarios, cartas, grabacións fonográficas, transcripcións de documentos, recortes de prensa... imos coñecendo os sucesos e imos entrando no misterio do que está a acontecer. Non hai un narrador, senón que os narradores son múltiples, isto é, todos os personaxes, que se van xuntando e establecendo entre eles un forte lazo de unión, compañeirismo e amizade. Dese xeito, os múltiples os puntos de vista do principio, acaban por coincidir nun só segundo avanza a historia.
Doutra banda, o único que non ten voz propia é o vampiro, pero sentímolo tan preto, tan presente a través do relato dos demáis protagonistas que o terror nos invade igualmente a nós, case como se o vampiro estivera tamén connosco.

Biblioteca Corcubión dijo...

Moitas gracias a todos/as!! Xa quedan anotados. De Drácula, dicir que é un dos libros que máis se prestan. E, en xeral, gusta moito. Últimamente púxose de moda a saga Crepúsculo, e precisamente por iso, en lugar de coller os desta saga, estase a ler moito máis o mítico de Drácula de Bram Stoker.

BPM DE CORCUBIÓN