29/1/08

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2008


Ímonos mergullar nun mar que ole a todos os salitres do mundo. Nas mareas viaxan letras escritas en todos os idiomas inventados que traen historias fabulosas de pobos submarinos, criaturas con branquias e correntes oceánicas. O mar é a patria dos recordos, a paisaxe da infancia, a banda sonora dunha emoción… e o acubillo dos poetas. O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra pon rumbo, entre o 27 de xaneiro e o 2 de febreiro de 2008, ás mil ribeiras.

O mar é o motivo principal desta edición, na que as letras cubanas son as nosas convidadas, anticipando a presenza de Galicia como cultura convidada na próxima celebración da Feira do Libro de La Habana. O protagonismo de ilustradores, autores e investigadores da literatura infantil e xuvenil da illa quedará patente en intervencións de especialistas cubanos e mais na exposición que escolmará algúns dos traballos máis sobranceiros neste eido. O escritor e mestre Xabier Puente Docampo, ademais da súa participación activa no evento, recibirá a homenaxe agarimosa do Salón pontevedrés como un dos autores máis importantes das nosas letras.

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN