16/11/09


Despois do seu paseo polo monte, o protagonista desta novela curta de Rafael Laso non soubo voltar a súa casa. Alí empezou todo.
Días despois perdeuse tamén entre as liñas do escrito, e máis tarde non lembraba tampouco os anos que ten, nin sabía en que día vive, nin recordaba sequera o seu nome. Comezou a fallarlle a memoria.
Porén, o protagonista cre ter unha certeza: é campión do mundo de xadrez, o seu deporte favorito, e ten un novo contrincante cun nome raro: Alzheimer. Xoga ao xadrez contra a máquina, contra a memoria. Soña partidas. Lembra xogadas. Mestura movementos dunhas e doutras sobre os escaques do taboleiro. Memoria contra Alzheimer.
O autor: Rafael Laso (Xinzo de Limia, 1965) é escritor e enxeñeiro técnico industrial, na especialidade de electricidade. Como narrador ten publicadas as seguintes obras: 'Por que Baldomero Quintáns?' (2006), Premio de Narrativa Pura e Dora Vázquez e 'Memoria contra Alzheimer'(Xerais 2008).

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN