16/11/09


Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007, conta a viaxe que emprende Roi ao mundo das súas marabillas e medos, presentes no seu videoxogo favorito.
"Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de “Game over”. Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e medos"
O xurado do certame salientou o interese do tema central: o illamento ao que se someten na actualidade os pequenos enganchados ao mundo das pantallas. Así mesmo, destacou o interesante tratamento que se lle concede á violencia e a introdución da máquina como un dos personaxes.
A presente edición, de Xerais e IGAEM, foi ilustrada por Fran Pedreira.

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN