
Unha das axudas convocadas este ano pola Xunta fai referencia ao:
"PROGRAMA DE MELLORA DAS COLECCIÓNS BIBLIOGRÁFICAS DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS DURANTE O ANO 2010"
"PROGRAMA DE MELLORA DAS COLECCIÓNS BIBLIOGRÁFICAS DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS DURANTE O ANO 2010"
Como seu nome indica, pretende a mellora das coleccións nas bibliotecas públicas tendo en conta o tipo de usuarios que posúe cada unha, as características e as necesidades de cada biblioteca en particular.
Divídese esta axuda en:
1. "Promoción do libro en galego: distribución dos libros adquiridos no programa de
Promoción do libro en galego 2010". Foinos concedida. Así, cada ano envían uns lotes de libros ás bibliotecas públicas que participan no programa.
2. "Cofinanciamento de fondos bibliográficos": onde a Consellería de Cultura fai a súa aportación económica para que cada biblioteca merque os libros que precise segundo as necesidades dos seus usuarios.
Tamén está concedida. E é aquí onde vós, os usuarios, podedes participar: "SUXERENCIAS".
Na biblioteca tedes un listado onde anotar os libros que máis vos interesen, ou tamén, aquí mesmo, neste blog .
Polo momento, temos apuntados títulos como: "El Asedio" (A. Pérez Reverte), "El Aleph" (Jorge Luis Borges), "La insurrección que viene" (Comité Invisible), "En el camino" (Jack Kerovac) "La segunda vida de Bree Tanner" (Stephenie Meyer), "Los hombres que no amaban a las mujeres" (Stieg Larsson), "Palabra de nadie" (Alfredo Gómez Cerdá), "Colección de libros" (Bertolt Brecht), etc..
Aínda podedes anotar máis!!
Para ver máis información:
http://www.rbgalicia.org/index2.php?ap=20&subApartado=42
Para ver máis información:
http://www.rbgalicia.org/index2.php?ap=20&subApartado=42
No hay comentarios:
Publicar un comentario