
Estudou nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo; foi en Oviedo onde comezou a escribir. Estivo afiliado dende 1934 ao Partido Galeguista, mais logo da Guerra Civil Española tivo que se afiliar á Falange Española. Profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1939. En 1943 publicou a súa primeira novela, Javier Mariño. Dende 1942 foi membro do grupo "Escorial", xunto a Dionisio Ridruejo e Luis Rosales. Participou nas protestas en apoio dos mineiros asturianos que foron á folga en 1962, e como consecuencia as autoridades expulsárono de tódolos seus empregos. En 1966 marchou aos Estados Unidos, onde deu clase na State University of New York en Albany. En 1970 voltou a España, e como Catedrático de Instituto impartiu aulas de Literatura Española en Madrid, Vigo e Salamanca.
Foi membro da Real Academia Española de la Lengua dende 1975, foi Premio Nacional de Literatura en 1981, Premio Príncipe de Asturias en 1982, Premio Cervantes 1985 e Premio Planeta en 1988.
Morreu o 27 de xaneiro de 1999, dun ataque ao corazón. Os seus restos descansan no cemiterio de Serantes, moi preto do lugar onde naceu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario