22/8/16

NOVIDADES AGOSTO


Esta é unha historia de amor. Pero non do amor que fai languidecer aos amantes fronte a unha posta de sol. Esta é unha historia de paixóns irresistibles e violentas, de praceres apurados ata a última pinga. Esta é unha historia de amor nun lugar do mundo onde a vida non respecta ningunha regra. Unha historia sobre vidas en estado puro. Ariadna, unha barcelonesa que traballa na ONU, pide un traslado a Costa Rica coa intención de cambiar de aires por unha tempada. Ten vinte e sete anos e quere vivir. No seu novo escenario, lonxe do ambiente burocrático da sé central de Nova York, Ariadna combinará a posta en marcha do seu proxecto de traballo cunha desenfrenada vida social, marcada por todo tipo de excesos. En Porto Vello, un paradisíaco pobo da costa caribeña do país, Ariadna vivirá un apaixonado romance con Jonás, un mulato apolíneo habituado a que o desexen as turistas. Non tardará en darse conta de que nada do que viviu ata entón preparouna para o que ha de vivir alí. Pura vida é unha novela escrita cun estilo directo e unha linguaxe sinxela, que descobre a un autor cunha asombrosa capacidade fabuladora, e unha gran percepción dun mundo plagado de contradicións.

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN