Unha apaixoante mestura de intriga política e drama sentimental que nos penetra nun dos máis sanguentos conflitos do noso tempo.David Wolfe atópase no mellor momento da súa vida: é un exitoso avogado de San Francisco, está a piques de casar e prepárase para presentarse ao Congreso. Pero cando recibe a chamada de Hana Arif, a muller palestina coa que tivo unha aventura na universidade, a súa vida dá un xiro de cento oitenta graos. Ao día seguinte, un terrorista suicida asasina ao primeiro ministro de Israel en San Francisco; pouco despois, acusan á propia Hana de ser o cerebro do atentado. David debe enfrontarse a unha decisión difícil: será capaz el, un xudeu, de defender a Hana, que pode ser culpable, ou lle dará as costas á única muller que non logrou esquecer?
No hay comentarios:
Publicar un comentario