Mostrando entradas con la etiqueta 2010. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2010. Mostrar todas las entradas

29/12/10


«¿Es tan breve la vida de los espíritus?», preguntó.
«Mi vida en este globo es muy corta», respondió el fantasma. «Se termina esta noche».
«¡Esta noche!», exclamó Scrooge.
«A medianoche. ¡Escucha! Se acerca la hora».

En aquel momento las campanas del reloj daban las doce menos cuarto. «Perdóname si me equivoco», dijo Scrooge mirando con inquietud el manto del espíritu, pero estoy viendo algo raro que te asoma por el ropaje. ¡Es un pie o una garra!»
«Por la carne que tiene encima, podría ser una garra», fue la respuesta, cargada de tristeza, del espíritu.
«Mira esto». De los pliegues del manto salieron dos niños; unos niños harapientos, abyectos, temibles, espantosos, miserables.
Se arrodillaron a sus plantas y se colgaron del manto.

«¡Hombre! ¡Mira esto! ¡Mira, mira bien!», exclamó el fantasma.
Eran un niño y una niña. Amarillos, flacos, mugrientos, malencarados, lobunos, pero también prosternados en su humildad. Donde la gracia de la juventud debió haberles perfilado los rasgos y retocado con sus más frescas tintas, una mano marchita y seca, como la de la vejez, les había atormentado, retorcido y hecho trizas.

Donde podrían haberse entronizado los ángeles, acechaban los demonios echando fuego por sus ojos amenazadores. Monstruos tan horribles y temibles como aquellos no se han dado en ningún cambio, degradación o perversión de la humanidad a lo largo de toda la historia de la maravillosa Creación.
Aterrado, Scrooge se echó atrás. Intentó decir que eran unos niños agradables, pero su lengua se negó a pronunciar una mentira de tal magnitud.

«¿Son tuyos, espíritu?», fue todo lo que pudo decir.

«Son del hombre», dijo el espíritu mirándolos. «Y se agarran a mí apelando contra sus progenitores.
Este chico es la Ignorancia. Esta chica es la Necesidad.
Guárdate de los dos y de todos los de su género, pero guárdate sobre todo de este chico porque en la frente lleva escrita la Condenación, a menos que se borre lo que lleva escrito.
¡Niégalo!», exclamó el espíritu señalando con la mano hacia la ciudad.


«¡Difama a quienes te lo dicen! Admítelo para tus propósitos tendenciosos y empeóralo todavía más. ¡Y aguarda el final!»
«¿No tienen refugio ni salvación?», gimió Scrooge.
«¿No están las cárceles?», dijo el espíritu devolviéndole por última vez sus propias palabras.

«¿No hay casas de misericordia?». La campana dio las doce.
Scrooge miró a su alrededor y ya no vio al fantasma.
Al cesar la vibración de la última campanada recordó la predicción del viejo Jacob Marley y, elevando la mirada, vio cómo se acercaba hacia él un fantasma solemne, envuelto en ropas y encapuchado, deslizándose como la niebla sobre el suelo.

"Canción de Navidad" Estrofa tercera. El segundo de los Tres Espíritus, de Charles Dickens.
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ResultadoBusqueda.aspx?CodigoBiblioteca=CBM029&Valores=DTCANCION DE NAVIDAD

12/11/10

Dous novos títulos

Esta obra de Manuel Rivas (escritor e xornalista) ten un subtitulo -unha ollada "indie" do local universal- "bastante definitorio", segundo apuntou o autor, xa que o termo "indie" aporta o significado de independenza, de certa espontaneidade e de creación artesá, " aínda que logo se proxecte en medios que non o son tanto", sinala o propio autor.
Divídese a obra en catro partes:
Unha ollada 'indie' da España do Último Día, A amnesia retrógrada, A revolución do mar e Re-existencias.
A primeira delas é un relato a partires de artigos breves que hai que "desler", xa que é unha historia que vai dende o final ata o comezo, na que Rivas critica con ironía un tipo de xornalismo "anacrónico, fanático, intolerante e un tanto friki".
A segunda parte resúmea coa seguinte afirmación: "non hai peor memoria no xornalismo que a desmemoria e o olvido".
Na terceira, fai unha análise de situacións que se deron en augas galegas, como a creación dun cemiterio nuclear na fosa atlántica ou o asalto das Encorvas.
Por último, Rivas recolle temas relacionados co medio ambiente, principalmente dos seus artigos na revista Integral.
Nunca Máis ten gran presenza neste libro, onde o autor deixa unha visión dende dentro a un movemento do que considera que "nunca se tivo en conta a súa dimensión verdadeira".

Asegura a súa editorial en España, que Daniel Estulin é un home perigoso para o status quo. Valente e controvertido, é o maior experto mundial sobre a élite internacional e secreta do poder.
Naceu en Vilnius, Lituania, ex Unión Soviética, o 29 agosto de 1966. Fala Ruso, Inglés e español.
Ten visitado máis de 100 países no que leva de vida.
Hollywood prepara un filme cun presuposto de 100 millóns de dólares.
Autor dun libro de investigación convertido en best seller mundial ("A verdadera historia do Clube Bilderberg vendeu máis de 3.200.000 exemplares en 79 países), Estulin advirte de que boa parte do que conta en Conspiración Octopus, a súa primeira novela, é real: “O 80% do que conto é certo. En comparación con este libro, as revelacións de "A verdadeira historia do Clube Bilderberg" son un xogo de nenos.”
A crise económica, que nalgúns países está adquirindo características de catástrofe, fai que a extraordinaria trama da novela resulte extrañamente críble.
Estulin agocha baixo a apariencia dun trepidante thriller as súas revelacións sobre a conspiración internacional e a alteración dos mercados financieiros (atención ao sofisticado programa informático chamado PROMIS) que poden conducir ao caos definitivo á economía mundial.

15/10/10

NOVOS TÍTULOS

Xa nos chegaron os libros que apuntastedes no listado de Suxerencias da biblioteca. Son, entre outros:
  • "El Aleph" (Jorge Luis Borges)
  • "Dime quién soy" (Julia Navarro)
  • "Canciones para Paula" (Blue Jeans)
  • "Un dia de cólera" (Arturo Pérez Reverte)
  • "El secreto de la familia Tenebrax" (Gerónimo Stilton)
  • "El misterioso manuscrito de Nostradamus" (Gerónimo Stilton)
  • "El libro de arena" (Jorge Luis Borges)
  • "Tengo ganas de ti" (Federico Moccia)
  • "La sombra del viento" (Carlos Ruiz Zafón)
  • a Triloxía de Stieg Larsson
  • "Maldito Karma" (David Safier)
  • "Dime algo sucio" (Diego Ameixeiras)
  • "La segunda vida de Bree Tanner" (Stephenie Meyer)
  • "El primer dia" (Marc Levy)
  • "La voz dormida" (Dulce Chacón)
  • "La honorable sociedad : la mafia siciliana y sus orígenes" (Norman Lewis)
Podedes levalos en préstamo para casa deixando aquí na biblioteca o voso carnet de socio.
Si aínda non tes carnet, só tes que traer 2 fotos e a fotocopia do dni para facelo. É gratuito.

14/9/10

e ti, qué libro estás lendo?, cal nos recomendas?


Eu, rematando éste, que recomendo: "Un viaje de miles de kilómetros", de Lang Lang (Shenyang, 1982). Merqueino na libraría LER, un dia que andabamos a seleccionar un lote de libros que unha axuda da Xunta nos permite mercar.
Estame a gustar moito, ten moitas anécdotas que fan a súa lectura sinxela, e narra, en primeira persoa, a difícil infancia do protagonista ata que chega a facerse unha persoa mundialmente coñecida.
Unha mostra do esforzo e traballo que hai detrás de ser considerado o mellor pianista do mundo.

Este neno prodixio, comezou a tocar o piano aos 3 anos. Aos cinco, xa gañou o seu primeiro concurso.

A súa adicación á música baseabase nunha estricta disciplina dende pequeno:

«5:45 h: levantarse y tocar el piano durante una hora./7.00 h. al colegio/Al mediodia vuelta a casa: 15 minutos para comer y 45 para tocar./Después del colegio, dos horas estudiando piano antes de la cena./Cena: 20 minutos,durante los que veía dibujos animados./Dos horas tocando el piano después de cenar. Deberes», regulada polo seu pai, co que chegará a ter unha difícil relación, que narra neste libro autobiográfico.

Comenta tamén anécdotas como, que comezou a interesarse pola música logo de ver un capítulo dos debuxos animados de Tom&Jerry. En concreto, o "Concerto de gatos": http://www.youtube.com/watch?v=yvapzt8FKLk&feature=related


Aquí o tedes no programa "El Hormiguero" (Cuatro), onde demostrou o seu talento deixando a todos impresionados: http://www.youtube.com/watch?v=7jzDqBLPgvI

31/8/10

AXUDAS E SUBVENCIÓNS





Unha das axudas convocadas este ano pola Xunta fai referencia ao:
"PROGRAMA DE MELLORA DAS COLECCIÓNS BIBLIOGRÁFICAS DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS DURANTE O ANO 2010"

Como seu nome indica, pretende a mellora das coleccións nas bibliotecas públicas tendo en conta o tipo de usuarios que posúe cada unha, as características e as necesidades de cada biblioteca en particular.
Divídese esta axuda en:
1. "Promoción do libro en galego: distribución dos libros adquiridos no programa de
Promoción do libro en galego 2010". Foinos concedida. Así, cada ano envían uns lotes de libros ás bibliotecas públicas que participan no programa.
2. "Cofinanciamento de fondos bibliográficos": onde a Consellería de Cultura fai a súa aportación económica para que cada biblioteca merque os libros que precise segundo as necesidades dos seus usuarios.
Tamén está concedida. E é aquí onde vós, os usuarios, podedes participar: "SUXERENCIAS".

Na biblioteca tedes un listado onde anotar os libros que máis vos interesen, ou tamén, aquí mesmo, neste blog .
Polo momento, temos apuntados títulos como: "El Asedio" (A. Pérez Reverte), "El Aleph" (Jorge Luis Borges), "La insurrección que viene" (Comité Invisible), "En el camino" (Jack Kerovac) "La segunda vida de Bree Tanner" (Stephenie Meyer), "Los hombres que no amaban a las mujeres" (Stieg Larsson), "Palabra de nadie" (Alfredo Gómez Cerdá), "Colección de libros" (Bertolt Brecht), etc..
Aínda podedes anotar máis!!

Para ver máis información:

http://www.rbgalicia.org/index2.php?ap=20&subApartado=42

30/8/10

NOVAS


Dispoñemos xa na Biblioteca de varios exemplares do libro: "Corcubión y su Jurisdicción en la Guerra de la Independencia (Bicentenario 1809-2009)" donados polo propio autor, Alejandro Lamas, ao cal agradecemos dende este espazo.
O prólogo é de Salvador Mosteyrín Canosa e foi editado pola Asociación Neria.
"Después del escarmiento en las poblaciones de Corcubión y Cee, y de vencer en la batalla de la Armada, los franceses se retiraron al lugar de Hospital, donde acamparon e incineraron sus cadáveres. A continuación saquearon las casas de los paisanos que habían huído. Tras hacer noche allí, a la mañana siguiente quemaron todas las viviendas y ejecutaron a las puertas de sus casas a aquellos campesinos que, confiados, se habían quedado en la aldea. Acabado el castigo, marcharon hacia sus cuarteles de Santiago, incendiando en su retirada cada una de las aldeas que encontraron a su paso.
Corcubión y Cee habían quedado desiertos. Los habitantes que habían conseguido huír por mar o se habían escondido entre las rocas de los acantilados o en los montes, fueron volviendo poco a poco para encontrarse con el terrible espectáculo de los dos pueblos arrasados....."
(fragmento do capítulo X)

1809 A REBELIÓN NERIA


Outro dos libros donados por Alejandro Lamas Costa: "1809, A Rebelión Neria".
Atoparedes varios exemplares na sección "Cómics", da biblioteca municipal.

25/6/10



TEATRO

Casa da Cultura de Corcubión:
Escola Municipal de Teatro de Corcubión (Grupo
Infantil)
Representación da obra: A Verdadeira Historia de
Carapuchiña Vermella
Con: José Carlos Rey, Abraham Trillo, María
Caamaño, María Pais, Alex Díaz, Ramón Rojo e
Xurxo Caamaño
Dirixe: Toño Casais
Tamén actuará Marta Ríos de Talía Teatro cunha
sesión de contacontos para nenos e nenas titulada
MUNDOS CONTADOS.
Día: 26 de xuño
Hora: 20:00 h
Lugar: Casa da Cultura de Corcubión

3/6/10

"Quedamos en Twitter para ler"

A rede social Twitter crea o seu propio clube de lectura: "One book, one twitter":
http://www.elpais.com/articulo/Tendencias/Quedamos/Twitter/leer/elpepitdc/20100531elpepitdc_1/Tes

Para entrar, rexístrate: http://twitter.com/

27/4/10

Nova doazón particular: dvd "Ciudad de Dios". Dirixida por Fernando Meirelles.

Sinopse:
"Buscapé ten 11 anos e é un rapaz máis de Cidade de Deus, un dos barrios máis violentos de Río de Janeiro. Un neno tímido e delicado, que se cría no medio de roubos, pelexas e enfrentamentos diarios coa policía, pero él, o que quere é ser fotógrafo. Si sobrevive, claro.
Dadinho, da mesma idade que Buscapé, é novo no barrio, e soña con chegar a ser o criminal máis perigoso de Río. Comeza a súa aprendizaxe.
Os dous, conseguirán acadar os seus obxectivos......"

Temos dúas unidades para levar en préstamo, da colección "Cine público".
(Non recomendada para menores de 18 anos)

CURSO DE MONITORES DE TEATRO


A Deputación da Coruña, xunto co estudo de teatro Casa Hamlet, e en colaboración coa Concellería de Cultura, organiza un Curso de Monitores de teatro, que se celebrará na Casa da Cultura de Corcubión os días: 7,8,14 e 15 de maio.
As clases están orientadas a: actores amateur, mestres de escolas de teatro e estudantes desta disciplina.
Impartidas por Manuel Lorenzo, director do estudo de teatro Casahamlet, Carlos Álvarez Osorio e Santiago Fernández.
Ensinarase a: utilización da voz en escena, a creación do espazo escénico, o traballo corporal e rítmico,etc..
As plazas son limitadas, así que,
chamade xa! a este tf para inscribirvos antes do 29 de abril:
981745400.
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ResultadoBusqueda.aspx?TipoBusqueda=D&TipoValor=T&Valor=casahamlet&x=6&y=9&CodigoBiblioteca=CBM029

23/4/10


E hoxe recibimos outros catro. Xunto con éste que vemos na imaxe, temos tamén:

- "Julia", de W. Somerset Maugham
- "Isadora emprende el vuelo", de Erica Jong
- "Morir de pie" (Ruth Rendell)

Podedes ver máis aquí, pinchando en "novidades":
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CBM029


Nota: o libro "El factor humano" xa se emprestou. En 15 días, estará na biblioteca de novo.

Novidades


Novo libro cedido por un dos usuarios para a Biblioteca municipal. Xa podedes levalo en préstamo:
"En 1985, Nelson Mandela levaba vintetres anos en prisión, e se propuxo conquistar ós seus inimigos, os máis fervintes defensores do apartheid.
Así obtivo a súa liberdade e conseguíu convertirse en presidente. Pero a inestabilidade dun país dividido por cincuenta anos de odio racial cristalizou na ameaza dunha guerra civil. Mandela comprendeu que tiña que conseguir a unión de brancos e negros de forma espontánea e viu que o deporte era unha estratexia extraordinaria para lograro.
John Carlin descubre aquí o factor humano que fixo posible un milagre: a capacidade innata de Mandela para seducir ao opoñente e a súa tenaz deliberación de utilizar o mundial de rugby de 1995 para selar a paz e cambiar o curso da Historia.
A final daquel mundial culminou coa victoria sudafricana no último minuto, e fundíronse nun abrazo, negros e brancos."

Dia do Libro: 23 de Abril

NOVAS!!

Hoxe inauguramos a exposición:

ás 17:00 h da tarde.

DIA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

A TRADICIÓN DE REGALAR UNHA ROSA E UN LIBRO:

"Conta a lenda que un fero dragón tiña atemorizados aos habitantes do reino de Cataluña. Queimaba bosques, comía o gando, destrozaba os cultivos,..
Decidiuse entón, que había que dar fin a esa ansia destructora e negociaron un acordo tras moitas horas de discusión. O pacto consistía en que: tódolos días entregarían ó dragón unha xove para saciar o apetito do monstro.
Así estiveron un tempo, e pouco a pouco o reino foi quedando sin mulleres xoves. Para que non houbese altercados, sempre se facía a elección mediante un sorteo para elexir á muller que debía ser entregada. Un día, a sorte quixo que fose a muller do rei quen debía ser entregada ao dragón.
Tras deixala no lugar sinalado,fuxiron cara ó pobo por temor a que o dragón lles fixera dano. Ó cabo, éste apareceu e, cando ía xantar á doncela, un cabaleiro que montaba un cabalo branco atacou ó dragón.
Os dous pelexaron, e nun dos lances do combate, S. Jorge, que así se chamaba o cabaleiro, cravou a súa lanza no ventre do malvado dragón, matándoo no acto.
Da ferida que o lanzazo lle producira ó monstro manaba moito sangue, que cando entrou en contacto co chan, converteuse en rosas.
S. Jorge colleu unha daquelas fabulosas rosas e regaloulla á doncela, que a levou ó pobo con gran alegría. Dende entón, cada 23 de abril os homes regalan unha rosa á súa dona.
As donas, para corresponder este detalle para con elas, regalan un libro ós seus amados."

22/3/10

actualidade


O pasado xoves 18 de marzo de 2010 o Restaurante "As Hortensias" de Corcubión acolleu a presentación do libro de haikus de Luis Carril, "El musgo que indica en norte", coa asistencia tamén do pintor xaponés afincado en Muxía, Yoshiro Tachibana.
Luis Carril, nado na Coruña e afincado en Corcubión por motivos laborais, viña de realizar sendas presentacións en Albacete, Valencia e na súa cidade natal.
O libro: editado pola Editorial Haibooks e composto por textos e poemas enviados a través da páxina referencia do haiku en castelán: http://www.elrincondelhaiku.org/.
A inspiración que lle deu a zona da Costa da Morte nos últimos tempos, serviu para crear moitos dos textos que forman o libro. "Os haikus son a columna certebral do libro mentres que os textos son o corpo".
Fonte: quepasanacosta.com
Entrevista a Luis Carril na radio Neria: http://radioneria.blogspot.com/2010/03/un-ronsel-de-haiku.html

18/2/10

Libros de intriga e misterio



Novos libros cedidos por un dos nosos usuarios para a biblioteca municipal:
  • "Frankenstein" (Mary W. Shelley). Madrid, Ediciones Rueda 2002
  • "El hotel de los horrores" (Wilkie Collins). Madrid, Ediciones Rueda 2002
  • "Testigo en la sombra" (Mary H. Clark). Barcelona, Plaza &Janés, 1998
  • "El perro de los Basquerville" (Arthur C. Doyle) . Madrid, Ediciones Rueda 2002

12/2/10

XI Salón do Libro Infantil e Xuvenil


Levírtete: este é o lema empregado na edición de 2010 do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, adicado este ano á cidade.
Dende o 7 de febreiro e ata o 14 de marzo, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle exposicións, obradoiros e múltiples actividades para todos os públicos relacionadas co libro e a literatura infantil e xuvenil que inclúen espectáculos, música, conferencias... Pódese consultar o programa completo, día a día, aquí.
Ademais, este ano o Salón rende homenaxe a dous autores: Agustín Fernández Paz e Xabier P. DoCampo, que acaban de ser recoñecidos entre os once mellores autores do século XX.

26/1/10

CURSO DE TEATRO

Tódolos alumnos/as do ano pasado e os novos que se queiran incorporar ás clases de teatro na Casa da Cultura, informamos que comeza un novo curso con Toño Casais.

Tódolos mércores, de 18:00h a 19:00 h. No salón de actos.
Para a inscrición tamén podedes chamar aos seguintes números de tf:

Concello: 981745400
Casa da Cultura: 981746190

BPM DE CORCUBIÓN