Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
23/2/15
Achégate a Biblioteca e coñece a nosa Exposición Bibliográfica "Rosalía de Castro- 24 de febreiro: aniversario do seu nacemento".
E ademais: podes deixar un poema como homenaxe, no noso taboleiro ó lado da exposición e subir unha foto ás redes sociais #versosparaRosalía
Participa e leva un agasallo!!!
Do 24 de Febreiro ó 7 de Marzo
Etiquetas:
poesía,
Rosalía de Castro
25/11/08
Día contra a Violencia de Xénero
"Te recuerdo como eras en el último otoño.
Eras la boina gris y el corazón en calma.
En tus ojos peleaban las llamas del crepúsculo.
Y las hojas caían en el agua de tu alma.
Apegada a mis brazos como una enredadera,
las hojas recogían tu voz lenta y en calma.
Hoguera de estupor en que mi sed ardía.
Dulce jacinto azul torcido sobre mi alma.
Siento viajar tus ojos y es distante el otoño:
boina gris, voz de pájaro y corazón de casa
hacia donde emigraban mis profundos anhelos
y caían mis besos alegres como brasas.
Cielo desde un navío. Campo desde los cerros.
Tu recuerdo es de luz, de humo, ¡de estanque en calma!
Más allá de tus ojos ardían los crepúsculos.
Hojas secas de otoño giraban en tu alma."
-Poema nº 6: "Veinte poemas de amor y una canción desesperada" (Pablo Neruda) (Libro dispoñible para préstamo)
1/7/08
Un dos últimos libros que recibimos
"O que ben che quer
eche o vilorico que anda polo ler.
Ise si que é bo
que viu dende lonxes aguillando o vó
somentes pra verte e que o viras ti,
para que os dous brincases; ti co teu oh, oh,
e el co seu chi, chi.
O vilorico
do longo bico
e longas patas de gabirú,
que nin di cu-cu
nin anda con trolas de chicherico.
- Que non diga o moucho,
que non diga o cuco,
que non diga a poupa
que che queren muito...
O que ben che quer
está silandeiro enriba dun pé.
Sabes ti quen é?
Éche o vilorico que anda polo ler.
(Xosé María Álvarez Blázquez.
Obra :"O que ben che quer"
Editora: OQO. Ano: 2008)
Adícocho, xa sabes
5/12/07
23/11/07
POLIFONÍAS II: voces poéticas contra a violencia de xénero
"Consellos que lle din a Alicia despois do derradeiro golpe"
Lembra o corazón
Gravado na cortiza daquela árbore
Polo que escapaba o seu zume e a súa forza.
Non esquezas o can encadeado
Que lambe as feridas
Da man que o aldraxa.
Lembra que a escuridade infunde pánico,
Aínda que máis terror provoca a luz
Que ilumina un puño enfurecido
Non te esquezas de tirar ao lixo,
Ao marchar da casa,
O amor inservíbel.
Lembra que eu son un home,
maís dos que acubillan no peito
O útero materno latexando,
Latexando, latexando.
(Poema de: Raúl Gómez Pato,"Polifonías II", Edit: Espiral Maior, 2007)
Lembra o corazón
Gravado na cortiza daquela árbore
Polo que escapaba o seu zume e a súa forza.
Non esquezas o can encadeado
Que lambe as feridas
Da man que o aldraxa.
Lembra que a escuridade infunde pánico,
Aínda que máis terror provoca a luz
Que ilumina un puño enfurecido
Non te esquezas de tirar ao lixo,
Ao marchar da casa,
O amor inservíbel.
Lembra que eu son un home,
maís dos que acubillan no peito
O útero materno latexando,
Latexando, latexando.
(Poema de: Raúl Gómez Pato,"Polifonías II", Edit: Espiral Maior, 2007)
22/11/07
Dia Internacional contra a Violencia de Xénero

Con motivo do Dia Internacional contra a violencia de xénero o día 25 de Novembro,
mañá Venres 23 de Novembro ás 20:00 da tarde celebrarase na Casa da Cultura un
"Festival poético-musical", no que actuarán o Coro e as pandereteiras do Centro Social ("Nova Buxaina") e a cantautora Dolores Oliveira.
Ademáis leranse poemas dos libros: "Polifonías I e II: Voces contra a volencia de xénero", que podedes atopar na nosa biblioteca e onde se recollen voces de poetas galegos para denunciar a violencia contra a muller.
Para mostra, éste de
Kiko Neves ("O poema de Lucía"):
Hai algo que non cadra,
que non é como din que é.
Non pode ser amar tanto e sentirse
tan
gris.
Quizais teña que ser forte,
moi, moi forte.
E non chorar.
Quizais todo debería ser máis doado,
ou non, tampouco.
Se sorrío parezo máis parva.
E teño comprobado que até as cousas máis simples
mudan en trampas.
En enganos. (...)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









