Mostrando entradas con la etiqueta Aula de informática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aula de informática. Mostrar todas las entradas

3/6/10

"Quedamos en Twitter para ler"

A rede social Twitter crea o seu propio clube de lectura: "One book, one twitter":
http://www.elpais.com/articulo/Tendencias/Quedamos/Twitter/leer/elpepitdc/20100531elpepitdc_1/Tes

Para entrar, rexístrate: http://twitter.com/

5/8/09

Renovamos os equipos informáticos!!





A Deputación da Coruña acaba de dotar a 52 aulas de informática, entre elas, a nosa, de novos equipos e pantallas LCD para disfrute dos seus usuarios.


16/3/09

Alfabetización Informacional



Xa se pode consultar o informe "Hacia la alfabetización informacional en las bibliotecas públicas españolas" elaborado polo Grupo de Traballo de Alfabetización Informacional do Consello de Cooperación Bibliotecaria.

O primeiro obxetivo é sentar as bases conceptuais da alfabetización informacional dende un punto de vista terminolóxico e conceptual basándose en normas, modelos, declaracións dalgúns programas de referencia.
Outra liña céntrase na recopilación e análisis das distintas iniciativas de boas prácticas e experiencias innovadoras con resultados positivos en torno á formación de usuarios nas bibliotecas públicas españolas.

Para ver o documento

18/2/09

BOAS NOVAS


¡IMOS RENOVAR O EQUIPAMENTO INFORMÁTICO!


A Deputación da Coruña acaba de aprobar unha partida económica de 293.800 euros para o equipamento das aulas informáticas dun total de 52 concellos da provincia, co obxeto de repor ó material destes espacios cibernéticos impulsados pola administración provincial.


Desta maneira, financiaráse a adquisición de 462 ordenadores, 73 pantallas, e 10 impresoras láser, segundo consta na convocatoria do concurso convocado ó efecto.
As bases publicáronse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o dia 05/02/2009.

Os concellos beneficiarios desta acción son os de:

A Baña, Abegondo, Aranga, Ares, Arteixo, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Carnota, Cerceda, Cerdido, Cesuras, Corcubión, Curtis, Dodro, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laxe, Malpica, Mazaricos, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, Negreira, O Pino, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outes, Oza dos Ríos, Paderne, Pontedeume, Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Sobrado, As Somozas, Touro, Vilarmaior y Vilasantar.

Máis información:

http://www.dicoruna.es/bop/

http://www.xornal.com/article.php?sid=20081128190542

1/7/08

Piden visitas para que non peche unha biblioteca dixital de balde


Unha biblioteca dixital brasileira, desenvolvida en software libre, está en perigo de pechar por falta de accesos.
Dominiopublico.gov.br, unha iniciativa pública e aberta creada polo Ministerio de Educación do Brasil, ofrece non só libros dixitais, senón tamén imaxes, músicas e vídeos de balde.
Na rede xa se puxo en marcha unha campaña para promover o acceso ao sitio web, onde se inclúen, entre outras, 732 obras da literatura portuguesa, aínda que tamén hai, por exemplo, as Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio.

17/10/07

Kalipedia.com, a enciclopedia online


A Rede conta cunha nova fonte de consulta: Kalipedia. Esta nova ferramenta fundada polo Grupo Santillana ten como obxectivo poñer a disposición de toda a sociedade unha web de axuda ó estudio e a ensinanza, de acceso libre e gratuito.
Esta enciclopedia online contará con máis de 40.000 contidos de referencia divididos nas seguintes áreas: xeografía, lingua, ciencias, historia, literatura, filosofía, arte, tecnoloxía, física, química, matemáticas e informática.
Para que o usuario se sinta partícipe a integración multimedia que ofrece Kalipedia resulta determinante, dende visualiza-las obras de Velázquez a escoitar os discursos de grandes personaxes da Historia. Incluso pode desplazarse ó centro da Terra para comprender a orixe dos volcáns.
O que se pretende é que o usuario sexa protagonista.
Ademáis, Kalipedia ofrece a posibilidade de compartir, interactuar e participar a través do seu intercambiador, unha comunidade para mestres e estudiantes onde o internauta pode personalizar, ampliar, compartir, valorar, publicar e comunicarse con outras persoas: blogs multiusuario, foros, xeración de grupos con intereses afíns, avatares persoalizados, retos, concursos ou tests de autoavaliación.

9/10/07

BPM DE CORCUBIÓN