Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

15/5/20

LETRAS GALEGAS 2020





 Este ano 2020 o Día das Letras Galegas (17 de Maio) está adicado a: Ricardo Carballo Calero (30-10-1910/25-03-1990); escritor e mestre; licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras). Foi en Santiago de Compostela onde mantivo contacto co galeguismo e cos movementos culturais da época, especialmente co Seminario de Estudos Galegos.

En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribuí ao anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. As súas colaboracións máis destacadas foron para as revistas literarias: A Nosa Terra, Nós, Guion, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color

Estudou por libre a carreira de Filosofía e Letras, licenciándose en 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional, sendo nomeado presidente do partido en Ferrol.

Xunto á súa labor docente, desenrolou nestes anos un importantísimo traballo investigador —iniciado coa súa tesis de doutoramento, Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955, premio extraordinario); que tivo como froito a publicación en 1963 de la Historia da literatura galega contemporánea.

Foi membro da Real Academia Galega a partir de 1958.

En 1965  comeza a exercer a educación pública no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo que imparte aulas de galego na Universidade.  Xa no ano 1972 accedeu por oposición á recén creada cátedra de: Lingüística y Literatura Gallega.

Desenrolou unha ampla labor como editor dos clásicos. Xubilouse no ano 1980 pero mantivo a súa actividade creadora e  seguíu colaborando con diversas asociacións.
En 1987 gañou o  Premio de la Crítica de narrativa gallega pola súa obra: Scórpio.
Na actualidade, a que foi a biblioteca persoal de Ricardo Carballo Calero, forma parte dos fondos bibliográficos do Parlamento de Galicia dende 1997, ano no que foi adquirida xunto co seu arquivo persoal. Esta colección está formada por 4872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas.


Consulta no noso CATÁLOGO as súas obras, nestes dous enlaces:
 https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=Ricardo+carballo+calero&branch_group_limit_txt=Corcubi%C3%B3n+-+Biblioteca+P%C3%BAblica+Municipal+de+Corcubi%C3%B3n&branch_group_limit=branch%3ACBM029

 https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=Ricardo+carvalho+calero&branch_group_limit_txt=Corcubi%C3%B3n+-+Biblioteca+P%C3%BAblica+Municipal+de+Corcubi%C3%B3n&branch_group_limit=branch%3ACBM029


RECURSOS DIXITAIS: LETRAS GALEGAS 2020

Este ano o Día das Letras Galegas conmemórase dun xeito diferente, a través dos medios electrónicos e son moitos os RECURSOS WEB que podemos atopar en Internet para saber máis da vida e obra do autor deste ano: 
RICARDO CARBALLO CALERO.
Aquí vos deixo algunhas páxinas de interese. Agardamos que vos gusten!

17/5/17

LETRAS GALEGAS 2017



Mural realizado polos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Corcubión, coa axuda das súas mestras, Raquel e Montse.

Letras Galegas 2017: Carlos Casares

20/5/13

16/5/13

LETRAS GALEGAS 2013


ROBERTO VIDAL BOLAÑO
 
  •     Nace en Santiago de Compostela en 1950 e falece na mesma cidade en 2002.
  •  Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas.
  •  Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: dende a creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel".
  •   En 1978, deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais, superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro.
  •   A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política.
  •  O feito de que  escribíse para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empañou en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos, con resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán.
  •  Nas décadas dos 70 e 80: acadou diversos premios ("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), pero o seu recoñecemento artístico non se produce até os anos 90, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico", "María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consequencia, do público.
  • A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias apreciaranse co trancorrer do tempo. A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.

Foi, en resumo, o grande artífice da modernización e profesionalización do Teatro.



15/5/09

Dia das Letras Galegas 2009

DATA: Domingo 17 de maio
HORA: ás 12:30h da mañá
LUGAR: Cárcere Vello de Corcubión
Proxección do Documental "Linguas cruzadas", que analiza a situación do galego, facendo un especial fincapé na mocidade das vilas do país.
Varios poñentes relatarán logo a situación do galego en diferentes sectores na actualidade:
"A lingua galega e as novas tecnoloxías", Daniel Cerqueiro
da empresa Galinus de Corcubión.
"A lingua galega no ensino" a cargo de Serxio Iglesias, mestre de lingua galega do Instituto Fernando Blanco de Cee.
"O idioma galego nas administracións" a cargo de Norberto Pais,
AEDL do Concello de Corcubión.

BPM DE CORCUBIÓN