Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

27/9/16

TEATRO - FOUCELLAS, 1 de OUTUBRO AS 20:00 H




Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podía chamar, xenericamente, un ‘foucellas’. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe!
Firmeza, teimosía, dúbida, certeza, lealdade, inercia, utopía, inxenuidade, rebeldía, resignación, adaptabilidade, determinación... as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal.
Ficción, mito e realidade nunha proposta para pensar un momento histórico... o pulso metafórico sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza, a administración da derrota.

20/5/14

Un espectáculo de Teatro e Música en vivo



Sábado 24 de Maio, na Casa da Cultura
Ás 19:00h

"Tacóns na Corda"

Con este traballo VerdeVeras Expresións Artísticas proponse dar voz aos que normalmente non a teñen. 
Mulleres etiquetadas e estereotipadas, mostran o seu lado menos coñecido, ábrennos o seu mundo coa chave da música para que poidamos reir, reflectirnos e pensar unha vez màs sobre os nosos prexuízos...

Trailer:
 http://verdeveras.blogspot.com.es/p/sintese-e-xustificacion-de-tacons.html

14/5/14

Dia das Letras Galegas 2014


"Mundos Contados", unha obra de Talía Teatro.

Un texto de Paula Carballeira (sobre contos tradicionais).

Interpretado por: Marta Ríos
Dirixido por Paula Carballeira

Sábado 17 de Maio ás 18:00h

30/4/14

CARAMUXO TEATRO




 CASA DA CULTURA DE CORCUBIÓN

DOMINGO, 4 DE MAIO

HORA: 12:30H

27/3/13

27 de Marzo



Consulta aquí os libros que podes atopar na Biblioteca Municipal:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ResultadoBusqueda.aspx?TipoBusqueda=D&TipoValor=M&Valor=teatro&x=0&y=0&CodigoBiblioteca=CBM029

25/6/10



TEATRO

Casa da Cultura de Corcubión:
Escola Municipal de Teatro de Corcubión (Grupo
Infantil)
Representación da obra: A Verdadeira Historia de
Carapuchiña Vermella
Con: José Carlos Rey, Abraham Trillo, María
Caamaño, María Pais, Alex Díaz, Ramón Rojo e
Xurxo Caamaño
Dirixe: Toño Casais
Tamén actuará Marta Ríos de Talía Teatro cunha
sesión de contacontos para nenos e nenas titulada
MUNDOS CONTADOS.
Día: 26 de xuño
Hora: 20:00 h
Lugar: Casa da Cultura de Corcubión

27/4/10

CURSO DE MONITORES DE TEATRO


A Deputación da Coruña, xunto co estudo de teatro Casa Hamlet, e en colaboración coa Concellería de Cultura, organiza un Curso de Monitores de teatro, que se celebrará na Casa da Cultura de Corcubión os días: 7,8,14 e 15 de maio.
As clases están orientadas a: actores amateur, mestres de escolas de teatro e estudantes desta disciplina.
Impartidas por Manuel Lorenzo, director do estudo de teatro Casahamlet, Carlos Álvarez Osorio e Santiago Fernández.
Ensinarase a: utilización da voz en escena, a creación do espazo escénico, o traballo corporal e rítmico,etc..
As plazas son limitadas, así que,
chamade xa! a este tf para inscribirvos antes do 29 de abril:
981745400.
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ResultadoBusqueda.aspx?TipoBusqueda=D&TipoValor=T&Valor=casahamlet&x=6&y=9&CodigoBiblioteca=CBM029

26/1/10

CURSO DE TEATRO

Tódolos alumnos/as do ano pasado e os novos que se queiran incorporar ás clases de teatro na Casa da Cultura, informamos que comeza un novo curso con Toño Casais.

Tódolos mércores, de 18:00h a 19:00 h. No salón de actos.
Para a inscrición tamén podedes chamar aos seguintes números de tf:

Concello: 981745400
Casa da Cultura: 981746190

3/6/09

Palabras Encadeadas: Talía Teatro





O sábado 6 de xuño, chega a Corcubión a nova obra de Talía Teatro: "Palabras encadeadas", que xa foi presentada en Cee con gran éxito de público.

Hora: 21:00 h

Lugar: Casa da Cultura

Entrada gratuíta

4/2/09

AVISO AOS ALUMNOS DE TEATRO

O vindeiro Martes, dia 10 de Febreiro non haberá clases de Teatro.
As clases voltarán á semana seguinte, co mesmo horario.
Disculpade as molestias.

20/10/08

Esta Semana... comeza o curso de TEATRO




Este Martes 21 de Outubro comeza de novo o curso da Escola de Teatro de Corcubión.

Tódolos Martes na Casa da Cultura, de 17:30 a 18:30 para os nenos/as de 5 a 10 anos.

E de 18:30 a 19:30 h para os de 10-15 anos.

Clases impartidas por Artur Trillo (Talía Teatro).

E tamén, na Sala de Exposicións podes visitar gratuitamente a:

"Exposición de Pintura de Marinna Mouzo"


Do 18 de Outubro ó 10 de Novembro.

16/9/08

TEATRO para esta fin de semana

GRUPO: CANDELEXAS
DATA: SÁBADO 20 DE SETEMBRO
HORA: 21:00
OBRA: "Non somos nin Romeo nin Xulieta"
LUGAR: CASA DA CULTURA DE CORCUBIÓN
Libros na biblioteca:

"Migallas Teatro"


DATA: DOMINGO 21 DE SETEMBRO
HORA: 18:30
OBRA: "Un avó especial"
LUGAR: CASA DA CULTURA DE CORCUBIÓN

BPM DE CORCUBIÓN