Vanse cumprir 30 anos dunha das obras màis emblemáticas da nosa literatura contemporánea, destinada a converterse xa nun clásico: "Los renglones torcidos de Dios" (Torcuato Luca de Tena):
"Alice, investigadora privada, ingresa nun hospital psiquiátrico, simulando unha paranoia, co fin de recabar probas do caso no que traballa. A realidade á que se enfrentará no seu encerro supera as súas expectativas. Un mundo descoñecido e apaixoante será o que descubran os seus ollos. O curso dos acontecementos farán que pase de detective a sospeitosa nun xogo de pistas ensambladas con asombrosa mestría."