Mostrando entradas con la etiqueta bookcrossing. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bookcrossing. Mostrar todas las entradas

22/4/15

Seguimos liberando libros!! #DiadoLibro #Bookcrossing







Atopaches un libro cunha destas etiquetas no lomo da cuberta ou na primeira páxina?
Qué temos que facer ?:

En primeiro lugar, entra aquí nesta páxina e escribe o Nº BCID  que está na etiqueta: http://www.bookcrossing.com/journalentry/

O segundo paso é anotar unha entrada no diario de viaxe.

Por último, logo de ler o libro, volvemos a liberalo para que atope novos lectores.

 http://www.bookcrossing-spain.com/




LE-REXÍSTRAO-LIBÉRAO

14/4/15

Semana do Dia do Libro: do 20-26 de Abril


LIBERA OS TEUS LIBROS PARA QUE VIAXEN!!

A Biblioteca Pública Municipal participa desta actividade e anima a todos a que vos unades:

Durante a vindeira semana: do 20 ó 26 de Abril, dende a  Biblioteca Pública de Corcubión organizaremos unha actividade de "Bookcrossing" para conmemorar o Dia do Libro: 23 de Abril.

Qué é un Bookcrossing, ou "Libros libres"?:

Esta práctica consiste simplemente en deixar libros en lugares públicos para que outros lectores os recollan e que despois tamén os liberarán. Ler máis: http://es.wikipedia.org/wiki/Bookcrossing

Cada libro leva un número de identificación (BCID), na etiqueta que atoparedes na primeira páxina ou na cuberta do lomo. Si atopades un "libro libre", podedes entrar na páxina web oficial de Bookcrossing Spain: http://www.bookcrossing-spain.com/
e anotar algún comentario no "Diario de viaxe" para que outros lectores o vexan. Logo, libérao de novo para que continúe a súa viaxe!!

Durante toda esta semana, permanecede atentos!: atoparedes libros en lugares públicos (parque, praza, colexio, centro sociocomunitario, recheo, praia, ... ) e sitios frecuentes e de ocio da nosa localidade. Disfrutade da lectura e animádevos a deixar soltos moitos máis!!

Máis información: tf  981746190


DIA DO LIBRO- 23 DE ABRIL 

BPM DE CORCUBIÓN


BPM DE CORCUBIÓN