Mostrando entradas con la etiqueta Axudas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Axudas. Mostrar todas las entradas

31/8/10

AXUDAS E SUBVENCIÓNS





Unha das axudas convocadas este ano pola Xunta fai referencia ao:
"PROGRAMA DE MELLORA DAS COLECCIÓNS BIBLIOGRÁFICAS DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS DURANTE O ANO 2010"

Como seu nome indica, pretende a mellora das coleccións nas bibliotecas públicas tendo en conta o tipo de usuarios que posúe cada unha, as características e as necesidades de cada biblioteca en particular.
Divídese esta axuda en:
1. "Promoción do libro en galego: distribución dos libros adquiridos no programa de
Promoción do libro en galego 2010". Foinos concedida. Así, cada ano envían uns lotes de libros ás bibliotecas públicas que participan no programa.
2. "Cofinanciamento de fondos bibliográficos": onde a Consellería de Cultura fai a súa aportación económica para que cada biblioteca merque os libros que precise segundo as necesidades dos seus usuarios.
Tamén está concedida. E é aquí onde vós, os usuarios, podedes participar: "SUXERENCIAS".

Na biblioteca tedes un listado onde anotar os libros que máis vos interesen, ou tamén, aquí mesmo, neste blog .
Polo momento, temos apuntados títulos como: "El Asedio" (A. Pérez Reverte), "El Aleph" (Jorge Luis Borges), "La insurrección que viene" (Comité Invisible), "En el camino" (Jack Kerovac) "La segunda vida de Bree Tanner" (Stephenie Meyer), "Los hombres que no amaban a las mujeres" (Stieg Larsson), "Palabra de nadie" (Alfredo Gómez Cerdá), "Colección de libros" (Bertolt Brecht), etc..
Aínda podedes anotar máis!!

Para ver máis información:

http://www.rbgalicia.org/index2.php?ap=20&subApartado=42

9/10/08

Novas axudas


Acaba de saír publicado a concesión de dúas novas axudas para as bibliotecas públicas municipais, por parte da Xunta de Galicia e a Consellería de Cultura e Deporte dentro do:
"Plan de mellora de axencias de lectura/bibliotecas municipais 2008".

Con esta axuda, poderemos dotar á nosa BPM de Corcubión con mobiliario novo: dous paneis expositores e dúas estanterías.

Podedes consultar as axudas pinchando neste link:


BPM DE CORCUBIÓN