Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións. Mostrar todas las entradas

21/10/20

Centenario da Revista "NÓS"

O 30 de outubro de 1920 arrincaba en Ourense a revista Nós. Boletín mensual da cultura galega e un dos proxectos culturais decisivos da Galicia contemporánea.

Entre 1920 e 1936, "Nós" enfiou a tradición cultural galega coa modernidade e conectou o país cos movementos intelectuais da Europa do momento, e foi o órgano de expresión dunha xeración que marcou, co seu legado, o xeito no que comprendemos Galicia.


Na Cidade da Cultura, no Museo Centro Gaiás, pódese visitar a exposición: "Galicia, de Nós a Nós", do 2 de Outubro ao 17 de Xaneiro de 2021; dentro das actividades programadas para o XACOBEO 2021.


 

27/6/14



Ata o 3 de Xullo, no Museo da Casa da Cultura, exposición dos traballos realizados nos talleres do Centro Socio-comunitario de Corcubión, durante o curso 2013-14:




22/11/13





Poñemos á disponibilidade dos nosos usuari@s un "Boletín de Suxerencias" que podedes levar para casa:  Libros,  películas e documentais relacionados co tema da muller e da violencia machista.

31/10/13

4/5/13

Conmemoración dos 150 anos de Cantares Gallegos na Biblioteca de Galicia





Con motivo de conmemorar os 150 anos de Cantares Gallegos, a Biblioteca de Galicia expón varias edicións desta obra na mostra inaugurada o 3 de maio de 2013, na Biblioteca e Arquivo de Galicia.  Poderedes ver tamén o facsimil da primeira edición de "Cantares Gallegos" e os catro poemas engadidos na 2ª edición, recentemente presentado

20/3/13

"O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"










EXPOSICIÓN: "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", sobre o Cambio Climático

Do 19 de Marzo-1 de Abril

CASA DA CULTURA DE CORCUBIÓN

Horario: 

De Luns a Venres: de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00h

E Sábados: de 11:00 a 13:30 h

8/11/12

25 de Novembro


DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Do 08 ao 15 de Novembro, nova Exposición no museo da Casa da Cultura.
"Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero"
Non vola perdades!.

De Luns a Venres: 10:00 a 13:30 e 17:00 a 20:00h
E sábados: 11:00 a 13:30

13/9/12

EXPOSICIÓN: "BERLÍN ORIENTAL. TEMPO"

 





DO 15 de Setembro ao 15 de Outubro
EXPOSICIÓN: "BERLÍN ORIENTAL. TEMPO" 
(Alfonso Bueno Gayo. Fotografía) 


23/4/10

Dia do Libro: 23 de Abril

NOVAS!!

Hoxe inauguramos a exposición:

ás 17:00 h da tarde.

3/6/09

Exposición: do 5 ao 14 de Xuño


"PIONEIRAS: mulleres que inician a exploración de novas terras, que van abrindo camiño a outras en calquera actividade.
Na terra das “viúvas de vivos e mortos”, mentres tantos homes galegos exploraban novos horizontes xeográficos na procura do pan, moitas mulleres galegas ficaban a explorar novos horizontes persoais sen se mover da terra, emprendendo aventuras económicas que non estaban incluídas no papel asignado a elas polos roles de xénero da época e que tiveron ás veces grande éxito que perdura na actualidade.
A súa memoria foi esquecida ou escurecida, as veces polo momento en que viviron, como as que desenvolveron a súa actividade na República ou no franquismo, outras veces polos lugares onde realizaron o seu traballo ou polo sector no que traballaron. A memoria de todas elas foi escurecida porque conxugaron transgredindo o verbo emprender en feminino, eran mulleres e eran empresarias.
Fonte: http://sgi.xunta.es/pioneiras.html

Este venres 5 de xuño ás 19:00 horas na Casa da Cultura terá lugar a presentación desta exposición: "Pioneiras, Mulleres Empresariais Galegas", patrocinada polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade.

10/3/09

EXPOSICIÓN: "O Cambio Climático"


A Deputación da Coruña aborda o CAMBIO CLIMÁTICO a través dunha exposición que percorrerá dez concellos da provincia, entre eles o noso.

En Corcubión inaugurouse o mércores 11 de marzo, ás 12:00 h coa presenza do presidente da Deputación Salvador Fernández Moreda.

A sensibilización da sociedade ante o reto do cambio climático é o principal obxetivo desta exposición.

A mostra está formada por un conxunto de nove paneles nos que se reflexiona, dende un punto de vista didáctico, sobre o impacto do cambio climático, e o compromiso coa sustentabilidade.

Ademáis, ten unha ecoesfera a través da cal se recrea un sistema de vida en equilibrio, baseado nun sistema deseñado polos técnicos da NASA.
A exposición compleméntase con outras dúas esferas, recreándose nunha delas a astmósfera do futuro, así como cun ordenador no que os visitantes poderán calcular a pegada ecolóxica. Además, exhibiráse un documental con imaxes do planeta realizadas pola NASA.
O comisario da exposición destacou que “as campañas de sensibilización non só teñen que dirixirse a aumentar o nível de coñecemento, senón a transmitir a responsabilidade que todos os cidadáns temos diante do cambio climático e, o que pode resultar máis interesante, as posibilidades de actuación tanto a nivel individual como colectivo. E isto é precisamente o que pretende esta mostra, que constitúe unha proba da reposta institucional do Deputación da Coruña ao reto de sustentabilidade, ao reto do cambio climático”.
(Foto cedida por Ubaldo Cerqueiro,

16/12/08

Ven a visitar:




Exposición de Acuarelas

MARINERAS

Luis Guillermo Guerra Aguilera


Do 15 de Decembro ó 16 de Xaneiro

Horario: de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00

Entrada Gratuita.
Museo da Casa da Cultura de Corcubión

28/10/08

A Exposición en imaxes





25/10/08

Qué hai este mes...

EXPOSICIÓN DE MARINNA MOUZO
(Sala de exposicións da Casa da Cultura)

Entrada gratuíta, do 22 de Outubro ó 5 de Novembro.
Horario:

De Luns a Venres, de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados: de 11:30 a 13:30 h.

Máis información:
http://quepasanacosta.com/content/view/3285/57/
http://www.lavozdegalicia.com/carballo/2008/10/24/0003_7251786.htm
http://marinnamb.blogspot.com/2008_01_01_archive.html

Para ver máis obras da autora:
http://www.galeriajoselorenzo.com/otros_espacios/exposiciones_pasadas/ex_pasadas_marina_mouzo.htm

16/7/08

Exposición




Aínda estades a tempo de visitar a Exposición sobre a
IIª República na
Casa da Cultura!


Horario: De Luns a Venres: de 10:00 a 13:30
e de 18:00 a 20:00 h

Sábados: de 11:00 a 13:30 h

24/5/08

Do 16-30 Maio: Exposición de Xosé Tomás



Como sabedes, estes días segue aberta a Exposición do ilustrador Xosé Tomás na Casa da Cultura.
O horario para poder visitala é:
De
Luns a Venres: de 10:30 a 13:30 h,
e de 17:00 a 20:00.
E os Sábados de 11:00 a 13:30 h.
Para saber máis:

4/3/08

Nova Sección adicada á Muller


Con motivo da celebración o 08 de Marzo do: Día da Muller, nós xa temos a nosa Sección adicada á muller na Biblioteca Municipal.
Na mesma temos libros con temática sobre a muller, de socioloxía, filosofía, cultura, as mulleres no arte, saúde, etc,..
Tamén podes atopar máis fácilmente tódalas novelas escritas por mulleres, tanto en galego coma en castelán, e moitos libros de poesía e teatro das nosas escritoras.
Na sección da muller hai tamén folletos informativos de diversos temas de interese, que podes levar para casa. Así que, xa sabes.



Ven á túa biblioteca!

Esperamos que vos guste.

Enlaces de interese:

http://www.xunta.es/auto/sgi/
http://www.edu.xunta.es/valora/?q=node/159
http://vicepresidencia.xunta.es/index.php?id=16
http://www.culturagalega.org/album/8demarzo.php

19/12/07

Biblioteca de Libros Fantásticos





Exposición de Libros Fantásticos
(Carmen Domech)
CASA DA CULTURA DE CORCUBIÓN

Ata o 30 de Xaneiro de 2008.

18/12/07

Exposición fotográfica



Continúa aberta ó público na Casa da Cultura a exposición de fotografías do afundimento do Casón, que se inaugurou o día 14 de Decembro.
Aínda estades a tempo de visitala.



Achegádevos!!


Horario: De 10:00 a 13:30 e
de 17:00 a 20:00 h. (Luns-Venres)
Sábados: de 11:00 a 13:30 h

BPM DE CORCUBIÓN