Mostrando entradas con la etiqueta 2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2013. Mostrar todas las entradas

19/12/13

BO NADAL!!




Título: "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" 
Texto: Chema Heras
Ilustracións: Kiko Dasilva
Editorial: Kalandraka
40 Páx. 22 x 22 cm.

"Os Reis Magos non entran nas casas dos nenos que non están durmidos..."



Título: "O Apalpador" 

Autor:  Xoán G.-- [Coruña]
Editorial: Biblos Clube de Lectores, D.L.2009.
11 p : il. cor ; 25 cm Está dispoñible na BPM de Corcubión. Pódese levar en préstamo. Recomendado!

Titulo: "El gigante egoísta"  
Autor: Óscar Wilde 
Editorial: Combel; Barcelona 
Sección: Contos clásicos, en castelán



Titulo: "Contos de Reis e de Nadal"
Autor: Miguel Vázquez Freire
1ª edic.-- Vigo : Xerais, 2007.
Ilustrado por Xosé Tomás

Sección infantil. Colección: Merlín


"TEO EN LA NIEVE"  
(Ilustracións e texto: Violeta Denou) 
Timun Mas, [1999]
 

"A Vendedora de mistos" / adaptación de Mª Dolores Hermida a partir do texto orixinal de H.C. Andersen ; ilustracións de Belén Padrón.-- Pontevedra : Kalandraka, 1999.-- 1 v : il ; 21 cm.--

OS BOLECHAS



 


Colección:"Os Bolechas" (Pepe Carreiro), na sección "Primeiros lectores", da Biblioteca

Un conto de Nadal





Titulo orixinal:  "A Christmas Carol" (1843)

CHARLES DICKENS:

(Portsmouth, Reino Unido, 1812-Gad's Hill, 1870). Un dos máis recoñecidos novelistas ingleses da literatura universal, e o principal da era victoriana.
En 1822, a súa familia trasládase de Kent a Londres e dous anos máis tarde, o seu pai é encarcelado por débedas. Comeza entón, o futuro escritor, a traballar nunha fábrica de calzado, onde coñece as duras condicións de vida das clases máis humildes. Adicou gran parte da súa obra a denuncialas. As súas novelas eran, entre outras cousas, traballos de crítica social.

22/11/13

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


25 de NOVEMBRO 

"POLIFONÍAS: Voces poéticas contra a violencia de xénero"
Autor: varios
Editorial: Espiral Maior
Ano: 2006
Xunta de Galicia
Prólogos de Carme Adán e Marga Romero




Poñemos á disponibilidade dos nosos usuari@s un "Boletín de Suxerencias" que podedes levar para casa:  Libros,  películas e documentais relacionados co tema da muller e da violencia machista.

5/11/13

El tiempo entre costuras- Novela

"Una traición y dos guerras devastaron su pasado, una identidad encubierta la precipitó al futuro. El tiempo entre costuras es la historia de Sira Quiroga, una joven modista empujada por el destino hacia un arriesgado compromiso en el que los patrones y las telas de su oficio se convertirán en la fachada de algo mucho más turbio y trascendente. Bajo esta trama esquemática se tejen múltiples lecturas transversales que la convierten a un tiempo en una novela de superación personal, una novela colonial, una novela de amor, una novela de conspiraciones históricas y políticas, y una novela de espías."

11/10/13

CONTACONTOS


DOMINGO 13 DE OUTUBRO

CASA DA CULTURA DE CORCUBIÓN

HORA: 18:00

8/10/13

Os Sete Magníficos Máis Un presentan...



Un espectáculo orientado ao público infantil e familiar.

SÁBADO 12 DE OUTUBRO, na Casa da Cultura de Corcubión, ás 18:00 H.

Non volo perdades!

14/8/13

NOVIDADES VERÁN 2013

As voces baixas
Todo es silencio


Steve Jobs

De Alonso de Lema al Marquesado Villaverde de Limia
Viaxe ao interior da fenda

Estudio, Historia de Corcubión 1572-1630
No quiero bañarme!
Caillou




La Casa de Mickey Mouse

Si tú me dices ven...

Cincuenta sombras de Grey

Xurxiño quere ser...
Maruja Mallo

13/8/13

Feira do Libro de Cee


E seguimos con máis novas!!

Non vos perdades este Martes 13 de Agosto, na Feira do Libro de Cee, a presentación dos libros de Miguel Vázquez Freire e Serxio Iglesias, escritores locais.
Ás 19:30 h, diante do Museo Fernando Blanco, Serxio Iglesias presentará a súa obra" Viaxe ao interior da fenda", Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/12/16/serxio-iglesias-escritor-sen-presa-recibiu-eusebio-lorenzo-baleiron/0003_201212S16C119910.htm

E a partir das 20:15h, no mesmo lugar, Miguel Vázquez Freire presentará "Fadita fosca!", unha aventura de Saletiña. Ilustrado por Xosé Tomás, que tamén estará na presentación.
Hai que agradecer a doazón por parte do autor, dun exemplar do seu libro, xunto con dous máis da serie: "María xa é maior" e "Xurxiño quere ser...." para a Biblioteca Pública.

Programa Feira do Libro 2013:  http://www.quepasanacosta.com/?p=25983

12/8/13

E para os máis peques..


"Peppa Pig", a serie de moda en tv para os máis pequenos. Podedes levar en préstamo o libro baseado na serie infantil, co voso carnet de soci@.

9/8/13

La alargada sombra del amor

Sinopse

Mathias, un xove trintañero, acaba de perder a súa nai e está pasando unha etapa de desolación. Cando se atopa agardando no parking do hospital ao seu pai e irmá, ocorre un feito insólito: un xigante aparece e anúncialle o seguinte: "Son o xigante Jack, doutor en sombroloxía. Trato ás persoas aqueixadas de dor administrándolles un anaco da miña sombra. Coa sombra pódese combater a dor e a morte".
Mathias terá que aprender a utilizar a sombra protectora. 
Outros libros do autor na BPM: "La mecánica del corazón" 
Web do autor: http://www.mathiasmalzieu.com/

28/6/13

GUERRA MUNDIAL Z


Aquí vos presento o libro do que tiñades que adiviñar o título esta semana. A qué era moi fácil?. Está dispoñible na BPM dende hai un par de anos, aínda que volve a actualidade porque vaise estrear en España  a película baseada nel, e protagonizada por Brad Pitt.

Guerra Mundial Z: unha historia oral da guerra zombie. Unha novela apocalíptica escrita por Max Brooks e publicada no ano 2006 nos EEUU.

A humanidade conta cómo sobrevivíu aos zombies, cómo ganaron esa guerra e as súas consecuencias. Un relato, feito polos propios supervivintes. Unha crónica con tódolos detalles: económicos, políticos, militares, tecnolóxicos, sociais, etc...

"La única regla que entendí la aprendí de un profesor de Historia en Wharton, no de uno de Economía. "El miedo- decía- , el miedo es la mercancía más valiosa del universo.-----Eso me dejó pasmado-----.Encended la televisión- decía-. ¿Qué veis? ¿Gente vendiendo productos? No: gente vendiendo el miedo que teneis de vivir sin sus productos".    (Guerra Mundial Z- páx. 83)

25/6/13

De qué libro estamos a falar?

Esta semana vos propoñemos un xogo. Despois de ler o fragmento, debaixo da foto, a ver si adiviñades o título do libro do que estamos a falar. Comentade aquí ou enviade un correo a bibliocorcu@yahoo.es.
É moi moi fácil.



Fragmento do Libro: "No sé cuántas veces escuché esa canción de Redgum, "God help me, I was only nineteen"; era la favorita de mi padre, porque le recordaba el tiempo que pasó en Vietnam. Rezaba porque su entrenamiento militar lo hubiese ayudado a manternerse vivo y a mantener viva a mi madre. No sabía nada de él desde que el Gobierno se había trasladado a Tasmania. Quería creer que estaba bien pero, viendo lo que ocurría en la Tierra, como hacíamos casi todos cuando no había trabajo, resultaba casi imposible conservar la esperanza"

Os acertantes que se identifiquen, poderán levar un lote de libros/películas/, etc.. en préstamo durante o verán,  e por máis prazo de tempo. Un mes!.

A finais desta semana daremos o resultado. E, por certo, ..o libro témolo na BPM.

 Pista: imaxe de película

23/5/13

"Viaxe ao interior da fenda"



O vindeiro domingo 26 de maio tedes unha cita no Auditorio Municipal co escritor corcubionés Serxio Iglesias, que presentará o seu poemario "Viaxe ao interior da fenda" ás 20:00h da tarde.

O libro foi gañador da "XXV edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón".
Organiza: Universidade Popular de Corcubión

BPM DE CORCUBIÓN