Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas

22/4/15

Seguimos liberando libros!! #DiadoLibro #Bookcrossing







Atopaches un libro cunha destas etiquetas no lomo da cuberta ou na primeira páxina?
Qué temos que facer ?:

En primeiro lugar, entra aquí nesta páxina e escribe o Nº BCID  que está na etiqueta: http://www.bookcrossing.com/journalentry/

O segundo paso é anotar unha entrada no diario de viaxe.

Por último, logo de ler o libro, volvemos a liberalo para que atope novos lectores.

 http://www.bookcrossing-spain.com/




LE-REXÍSTRAO-LIBÉRAO

20/4/15

DIA DO LIBRO 2015


Esta semana estamos a celebrar o "Dia do Libro": éste que vos presento é un dos libros que imos doar, nun lote para o "CEIP Praia de Quenxe" da nosa localidade.
Un libro-disco, de Susana Rei coa colaboración de Manuel Rivas.
Déixovos aquí unha entrevista coa autora, comentando un pouco este libro, dispoñible tamén na vosa Biblioteca Pública.

23/4/14

DIA DO LIBRO 2014

Para celebrar este dia especial, agasallamos a tódolos nosos socios e socias, cun marcapáxinas e un libro.
Non quedes sin o teu!
Feliz dia de St. Jordi. Feliz Dia do Libro!!

19/4/13

CONTOS DE SOBREMESA



Esta semana, celebramos o Dia do Libro, 23 de Abril con novos libros que nos acaban de chegar á Biblioteca. Podedes atopalos na sección "Novidades", en exposición.
E ademáis, tendes unha cita para os nenos/as o vindeiro dia 26 (venres), ás 18:30 h na Casa da Cultura con Pablísimo e os seus "Contos de Sobremesa". Non faltedes!

 http://www.pablisimo.es/

 http://oscontosdpablisimo.blogspot.com.es/

23/4/10


DIA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

A TRADICIÓN DE REGALAR UNHA ROSA E UN LIBRO:

"Conta a lenda que un fero dragón tiña atemorizados aos habitantes do reino de Cataluña. Queimaba bosques, comía o gando, destrozaba os cultivos,..
Decidiuse entón, que había que dar fin a esa ansia destructora e negociaron un acordo tras moitas horas de discusión. O pacto consistía en que: tódolos días entregarían ó dragón unha xove para saciar o apetito do monstro.
Así estiveron un tempo, e pouco a pouco o reino foi quedando sin mulleres xoves. Para que non houbese altercados, sempre se facía a elección mediante un sorteo para elexir á muller que debía ser entregada. Un día, a sorte quixo que fose a muller do rei quen debía ser entregada ao dragón.
Tras deixala no lugar sinalado,fuxiron cara ó pobo por temor a que o dragón lles fixera dano. Ó cabo, éste apareceu e, cando ía xantar á doncela, un cabaleiro que montaba un cabalo branco atacou ó dragón.
Os dous pelexaron, e nun dos lances do combate, S. Jorge, que así se chamaba o cabaleiro, cravou a súa lanza no ventre do malvado dragón, matándoo no acto.
Da ferida que o lanzazo lle producira ó monstro manaba moito sangue, que cando entrou en contacto co chan, converteuse en rosas.
S. Jorge colleu unha daquelas fabulosas rosas e regaloulla á doncela, que a levou ó pobo con gran alegría. Dende entón, cada 23 de abril os homes regalan unha rosa á súa dona.
As donas, para corresponder este detalle para con elas, regalan un libro ós seus amados."

20/4/09

23 DE ABRIL: DIA DO LIBRO


Esta xornada comeza a celebrarse oficialmente o dia 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra.
O 6 de febreiro de 1926, o goberno español, presidido por Miguel Primo de Rivera, aceptou a data e o rei Alfonso XIII asinou o decreto real que instituíu a Festa do Libro en España.
No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do falecemento de Cervantes.
O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura quería destacar deste xeito a importancia do libro. Esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través del o acceso á cultura do maior número de persoas posible. A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano).

O día 23 de abril coincide así mesmo cos aniversarios do nacemento de Vladimir Nabokov, Maurice Druon, Manuel Mejía Vallejo e Halldór Laxness, e co aniversario do falecemento de Josep Pla.


BPM DE CORCUBIÓN