26/3/09

Concurso Lingua de Amor 2009


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional de Internet xa está en marcha a terceira edición de Lingua de amor, o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico, e que este ano, como novidade, inclúe unha nova categoría: a musical.

Un dos obxectivos principais deste concurso é conquistar novos espazos de uso para o galego: internet, o correo electrónico ou os chats son espazos de comunicación nos que os mozos e mozas empregan o castelán como lingua habitual. Preténdese dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos nestes espazos de comunicación habitual.
O concurso consta de dúas modalidades:

- MODALIDADE 1: declaracións de amor en galego a través da rede
- MODALIDADE 2: cancións de amor en lingua galega
Establécense ademáis tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A:

1.º Un ordenador portátil2.º Unha videoconsola PlayStation33.º Un Ipod
Categoría B:

1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas.
Para saber máis: http://www.linguadeamor.eu/

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN