
Para a semana que vén, o dia 23 de Abril, estará a ilustradora e contacontos Marisa Irimia na BPM de Corcubión, ás 11:30 da mañá. A actividade chámase "Xogando cos contos e cos debuxos".
Estas actividades de animación enmárcanse dentro do Programa de fomento da lectura da Consellería de Cultura e Deporte: "Letras Vivas" que pretende:
"apoiar o esforzo que fan diversos axentes institucionais e sociais a prol do fomento da elctura e o libro galego. O xeito de facelo é propiciando que as bibliotecas, centros de ensino, centros culturais e asociacións poidan elaborar programacións anuais estables de fomento da lectura e promoción dos creadores/as.
Inicióuse no ano 2008 ó abeiro doutras medidas de caracter xeral, como o desenvolvemento da lei do libro e da lectura de galicia ou o deseño e posta en marcha do plan de lectura 2007/2011."
Precisamente no DOG do 8 de abril saíu a convocatoria de varias axudas para a realización de actividades culturais destinadas a institucións e asociacións. Podedes ver toda a información sobre estas axudas aquí:
Marisa Irimia na bpmsavinao: http://www.youtube.com/watch?v=irYPXNWqzIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario