
"En Abril de 2006 as universidades galegas e a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia asinaron o convenio polo cal vía a luz este Proxecto de Investigación Interuniversitario "A vítimas, os nomes e as voces" e estableceuse como obxectivo primordial a constitución dun espazo de investigación e documentación para o estudo histórico da represión dende o comezo da Guerra Civil até o fin da ditadura franquista en Galicia que servise para acumular coñecemento sobre un pasado que precisa esclarecemento, ao tempo que para fundamentar a reflexión e enriquecer o patrimonio histórico e cultural do país con memorias, documentos e materiais doutro xeito abocados a perderse.
Para o desenvolvemento deste labor, púxose en funcionamento un grupo de investigación onde están presentes os máximos especialistas na temática da represión en Galicia, dirixidos polo catedrático de Historia Contemporánea, Lourenzo Fernández Prieto".
Podedes atopar na biblioteca diversos documentos relacionados con este proxecto, e para ver máis, a súa páxina web:
No hay comentarios:
Publicar un comentario