
"PIONEIRAS: mulleres que inician a exploración de novas terras, que van abrindo camiño a outras en calquera actividade.
Na terra das “viúvas de vivos e mortos”, mentres tantos homes galegos exploraban novos horizontes xeográficos na procura do pan, moitas mulleres galegas ficaban a explorar novos horizontes persoais sen se mover da terra, emprendendo aventuras económicas que non estaban incluídas no papel asignado a elas polos roles de xénero da época e que tiveron ás veces grande éxito que perdura na actualidade.
A súa memoria foi esquecida ou escurecida, as veces polo momento en que viviron, como as que desenvolveron a súa actividade na República ou no franquismo, outras veces polos lugares onde realizaron o seu traballo ou polo sector no que traballaron. A memoria de todas elas foi escurecida porque conxugaron transgredindo o verbo emprender en feminino, eran mulleres e eran empresarias.
Fonte: http://sgi.xunta.es/pioneiras.html
Este venres 5 de xuño ás 19:00 horas na Casa da Cultura terá lugar a presentación desta exposición: "Pioneiras, Mulleres Empresariais Galegas", patrocinada polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario