2/10/09

Concurso Fotográfico

A Fundación Galicia Europa convoca o concurso fotográfico
"Galicia Innovadora e Creativa"

Esta actividade vai dirixida a mozos con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos que queiran expresar a través da fotografía a súa particular visión da Galicia máis vangardista e innovadora.
A temática do certame está en consonancia coa celebración no 2009 do Ano Europeo da Creatividade e a Innovación. Desde as institucións europeas consideran fundamental potenciar as aptitudes creativas da poboación para responder efectivamente aos desafíos e oportunidades da globalización e á situación de crise actual. Neste sentido, as fotografías deberán centrarse naqueles aspectos nos que Galicia evolucionou e progresou máis nos últimos anos.
Bases do Concurso
Poden presentar os seus traballos todos aqueles mozos entre 18 e 30 anos; nados en Galicia, fillos de galegos ou residentes en Galicia desde o 2006 (ter nacionalidade dun dos Estados membros da Unión Europea). As obras deberán presentarse en papel ou formato dixital, antes do 20 de outubro na sede da Fundación Galicia Europa en Santiago.
A contía dos Premios ascende a 6.000 euros, repartidos nun primeiro premio de 3.000 euros, un segundo de 2.000 euros da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e un terceiro de 1.000 euros da Dirección Xeral de Xuventude. Así mesmo, tanto as 3 obras gañadoras como as 12 finalistas formarán parte dunha exposición que a Fundación presentará en diversas cidades galegas e en Bruxelas.

Para ver máis:
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/noticias_ver.asp?idSeccion=6&idTema=59&idNoticia=1398

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN