28/6/13

GUERRA MUNDIAL Z


Aquí vos presento o libro do que tiñades que adiviñar o título esta semana. A qué era moi fácil?. Está dispoñible na BPM dende hai un par de anos, aínda que volve a actualidade porque vaise estrear en España  a película baseada nel, e protagonizada por Brad Pitt.

Guerra Mundial Z: unha historia oral da guerra zombie. Unha novela apocalíptica escrita por Max Brooks e publicada no ano 2006 nos EEUU.

A humanidade conta cómo sobrevivíu aos zombies, cómo ganaron esa guerra e as súas consecuencias. Un relato, feito polos propios supervivintes. Unha crónica con tódolos detalles: económicos, políticos, militares, tecnolóxicos, sociais, etc...

"La única regla que entendí la aprendí de un profesor de Historia en Wharton, no de uno de Economía. "El miedo- decía- , el miedo es la mercancía más valiosa del universo.-----Eso me dejó pasmado-----.Encended la televisión- decía-. ¿Qué veis? ¿Gente vendiendo productos? No: gente vendiendo el miedo que teneis de vivir sin sus productos".    (Guerra Mundial Z- páx. 83)

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN