E seguimos con máis novas!!
Non vos perdades este Martes 13 de Agosto, na Feira do Libro de Cee, a presentación dos libros de Miguel Vázquez Freire e Serxio Iglesias, escritores locais.
Ás 19:30 h, diante do Museo Fernando Blanco, Serxio Iglesias presentará a súa obra" Viaxe ao interior da fenda", Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/12/16/serxio-iglesias-escritor-sen-presa-recibiu-eusebio-lorenzo-baleiron/0003_201212S16C119910.htm
E a partir das 20:15h, no mesmo lugar, Miguel Vázquez Freire presentará "Fadita fosca!", unha aventura de Saletiña. Ilustrado por Xosé Tomás, que tamén estará na presentación.
Hai que agradecer a doazón por parte do autor, dun exemplar do seu libro, xunto con dous máis da serie: "María xa é maior" e "Xurxiño quere ser...." para a Biblioteca Pública.
Programa Feira do Libro 2013: http://www.quepasanacosta.com/?p=25983
No hay comentarios:
Publicar un comentario