24/6/14

Clube de Lectura: estamos lendo....



Jonas Jonasson nace en 1962 en Växjö, unha pequena cidade de Suecia. 
Logo dunha longa carreira como xornalista, consultor de medios e productor de televisión, Jonasson decidiu comezar unha nova vida e redactar a novela que levaba anos querendo escribir. 
Instalouse na Ponte Tresa, unha pequena cidade xunto ao Lago de Lugano, en Suiza, onde escribe: "El abuelo que saltó por la ventana y se largó".  Todo un éxito de ventas.

Argumento:


Allan Karlsson é un ancián con moitas ganas de vivir que, o día en que cumpre cen anos, e pouco antes dunha festa que lle están a preparar no asilo no que vive, fúgase dando un salto pola ventá. Logo de moitos esforzos chega a unha estación de bus onde merca un billete para un pobo calquera, dalle o mesmo cal sexa. O importante é fuxir. 
Pero o azar fai que un rapaz lle pida vixiar unha maleta mentres vai ó baño . De súpeto, aparece o autobús que o vai recoller.  Allan decide subir a él, levando consigo esa gran maleta. 
Pouco sospeita que este acto lle vai cambiar a vida, posto que nela, hai 50 millóns de coroas obtidas de forma non moi legal.  

No hay comentarios:

BPM DE CORCUBIÓN